Noticias

Preséntase Unvex 2021, que terá lugar na Cidade da Cultura do 7 ao 9 de xullo co obxectivo de dar a coñecer o uso dos vehículos non tripulados

Tivo lugar esta mañá o acto de presentación da sexta edición de Unvex, a maior feira de drons que se celebra en España. A iniciativa levarase a cabo do 7 ao 9 de xullo na Cidade da Cultura co obxectivo de reunir aos profesionais do sector para abordar o crecemento da industria e analizar os principais desafíos para os próximos anos, poñendo especial atención no uso dos vehículos non tripulados nos servizos públicos que presta a Administración. Unvex 2021 supón un grande escaparate para os avances que se van producindo na industria galega, como por exemplo a iniciativa pioneira en Europa do Polo Aeroespacial de Galicia.

A este respecto, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), destacou que Galicia xa ten un amplo traballo avanzado, coa incorporación de drons na atención de urxencias sanitarias, protección da frota pesqueira, vixilancia e prevención dos lumes, xestión do territorio ou control da calidade das augas, por exemplo. Un avance que camiña en paralelo á liña que segue nestes momentos a industria, sendo cada vez máis os sectores que os utilizan –na súa vertente aérea, terrestre e naval– para mellorar a eficiencia de servizos públicos como a inspección de infraestruturas; control de evolución nos cultivos agrícolas; traballos audiovisuais e cartografía; ou servizos de emerxencias.

Unvex 2021 supón, tal e como sinalou a directora de Gain, un gran escaparate para os avances que se van producindo na industria galega, poñendo como exemplo a iniciativa pioneira en Europa do Polo Aeroespacial de Galicia, que xa ten garantida a súa continuidade coa Estratexia 2021-2025. De feito, xa están comprometidos por parte da Xunta preto de 70M€ e que, de obter fondos europeos, podería chegar a mobilizar 540M€ de investimento público-privado.

Con esta nova folla de ruta, Galicia márcase importantes obxectivos como atraer entre catro e seis empresas tractoras, desenvolver 20 novas solucións tecnolóxicas ou a creación de 24 empresas. Así, Argerey asegurou que a industria aeroespacial supón na actualidade un dos sectores estratéxicos na nova era dixital, polo que puxo en valor a colaboración entre administracións e, sobre todo, a implicación das empresas e centros de coñecemento.

Na actualidade, son 50 axentes os que toman parte no Polo Aeroespacial, entre os que se atopan tres socios tecnolóxicos da Xunta que actúan como empresas tractoras como son Indra, Babcock e Boeing; o tecido empresarial galego; e os centros tecnolóxicos e de investigación, así como as tres universidades galegas.

Coa convicción de que o Polo permitirá a Galicia consolidar a industria baseada na I+D+i, o proxecto enmarca tamén o parque tecnolóxico e industrial do aeródromo de Rozas e a aceleradora de empresas especializada no sector, a Business Factory Aero (BFAero), iniciativas que tamén contribúen a xerar novas oportunidades para captar e reter talento.

Os profesionais e empresas do sector que visiten Unvex, ademais de asistir ás conferencias programadas na Cidade da Cultura da man de profesionais e empresas punteiras, terán tamén a oportunidade de acudir a dúas demostracións de vehículos autónomos, marítimos e aéreos no Polo Aeroespacial de Galicia situado no aeródromo de Rozas (Castro de Rei) e na Escola Naval Militar de Marín.

R., 2021-06-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES