Buscador
Noticias
A Xunta ven de licitar a redacción da Estratexia Galega de Mobilidade coa fin de definir unha rede coordinada de servizos e infraestruturas moderna, sostible e eficiente que aumente a competitividade na comunidade. O traballo ten un orzamento de máis de 922.000 euros e un prazo de execución de dous anos. A presentación de ofertas poderá realizarse ata o vindeiro 14 de setembro.
O obxectivo da programación é avanzar cara a unha mobilidade de futuro, adaptada ao contexto da covid-19 e da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050.
A Consellería de Sanidade ven de actualizar o listado de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia e que se publicará esta tarde no Diario Oficial de Galicia. Esta actualización ven xustificada pola evolución de la situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas como noutros países. Entre as principais novidades a nivel nacional que recolle esta lista actualizada, destaca a inclusión de Madrid, mentres que pola contra xa non será obrigatorio resixtrarse para os viaxeiros procedentes da Rioxa. Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco.
Dentro da actual situación post-COVID que estamos vivindo, tan importante como ofrecer recursos turísticos con grande valor e interese para os potenciais visitantes, é ofrecer tamén unhas garantías de seguridade adaptadas á nova normalidade. Neste senso está traballando a nosa comunidade, grazas ao esforzo e o compromiso do sector turístico, que conta ademais co apoio da Xunta a través de diversas medidas que procuran que este verán Galicia sexa un dos destinos turísticos con máis garantías.
Directos Xacobeo21 en Salas, que arrancou a pasada semana con oito concertos no Barco de Valdeorras, Bueu e A Coruña, celebrarase con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes. Ademais, serán gravados e editados para a súa posterior retransmisión. Os responsables das 35 salas participantes foron os encargados de elixir as súas respectivas ofertas musicais como parte deste ciclo, a partir de todas as propostas artísticas galegas, de moi variados estilos musicais, recibidas por Clubtura mediante unha convocatoria aberta.
En Galicia diminúe o desemprego en xullo nun 5,06% con respecto ao mes de xuño, o que supón 9343 persoas menos no paro (300 persoas ao día) e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato sitúa Galicia como a terceira Comunidade -en termos relativos- na que máis se reducen as cifras do paro, superando en preto de tres puntos a baixada a nivel nacional. O paro tamén baixou nas catro provincias, en concreto un 6,19% en Pontevedra, un 5,29% en Lugo, un 4,49% na Coruña e 2,96% en Ourense. Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso os servizos (-5,90%), seguidos da construción (-5,49%), a industria (-4,82%) e a agricultura e a pesca (-3,60%). De feito, a baixada nos servizos concentra o 81% da redución do paro neste mes.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 406, deles 161 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 29 da de Ourense, 35 da de Pontevedra, 74 da área de Vigo, 28 da de Santiago, e 5 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 386 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.331 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 257.156.
Un total de 107.412 persoas inscribiron os seus datos de contacto no rexistro de viaxeiros que puxo en marcha a Consellería de Sanidade o pasado día 29 de xullo. Delas 62.446, o 58,1% do total, proceden das distintas comunidades autónomas con comunicación obrigatoria, concretamente 29.783 do País Vasco, 24.150 de Cataluña, 3.674 de Aragón, 3.011 de Navarra e 1.828 da Rioxa. Así mesmo rexistráronse 449 viaxeiros que chegaron dos países cun risco epidemio-lóxico máis elevado. Concretamente 121 dende Estados Unidos, 75 de Luxemburgo, 75 de México, 46 de Brasil, 42 da República Dominicana, 33 de Romanía, 22 de Chile, 16 de Ecuador, 11 de Perú e 8 de Colombia.
Os galegos poderán autorizar a unha terceira persoa ou a un funcionario público a realizar trámites dixitais en nome doutra persoa no último trimestre do ano. A articulación desta fórmula recóllese no Decreto que regulará o Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos da Comunidade e cuxo prazo de exposición pública acaba de abrirse. É un dos pasos previos para a súa a aprobación no último trimestre do ano, no que se prevé que estea operativo. O Rexistro é un instrumento que facilita aos cidadáns a acreditación, ante os órganos do sector público de Galicia, dos apoderamentos que vai conceder para que realicen as xestións online coa Xunta no seu nome.
A previsión é poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal, á volta do verán, unha vez que a Xunta xa asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais. Coa creación de CIBER.gal, ponse en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.
A previsión é poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal, á volta do verán, unha vez que a Xunta xa asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais. Coa creación de CIBER.gal, ponse en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.