Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.808, deles 658 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 462 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 781 da área de Vigo, 455 da de Santiago, e 126 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI, 206 están en unidades de hospitalización e 2.572 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.802 persoas curadas, rexistrándose 582 falecementos. O número de PCR realizadas é de 107.957.
A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura o Club das lerchiñas, sesións de contacontos en liña dirixidas ás familias e do que formarán parte seis das mellores contadoras de Galicia: María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer, Paula Carballeira e Ledicia Costas. O Club das lerchiñas botará a andar o vindeiro 9 de maio e contará cunha emisión en liña todos ós sábados ata o 6 de xuño. Estas seis contadoras galegas achegaranlles ás familias a través de internet e desde os seus fogares historias sinxelas e amenas, baseadas na tradición oral e tamén contos da súa propia autoría.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, trasladou hoxe ao Ministerio de Facenda que Galicia non comparte os criterios de reparto dos fondos adicionais anunciados polo Goberno para afrontar a crise do COVID-19, dado que se afastan dos criterios vixentes no sistema de financiamento autonómico. Nunha videoconferencia na que participaron representantes das comunidades autónomas e do Ministerio de Facenda, o ministerio trasladou que os fondos adicionais serán de 16.000 millóns de euros e aprobaranse a través dun real decreto-lei coa seguinte distribución: 10.000 millóns para gasto sanitario, 1.000 millóns para gasto social e 5.000 millóns para compensar o descenso de recadación nos tributos propios.
O Servizo Galego de Saúde elaborou o seu propio plan de continxencia ante a pandemia do COVID-19. A previsión de recursos asistenciais e capacidade de asistencia hospitalaria que se contempla prevé unha capacidade asistencia hospitalaria en distintas fases para poder chegar a dispor de 10.313 camas de hospitalización convencional para atención a enfermos de COVID-19 (38,2 camas por 10.000 habitantes), e 689 camas de coidados críticos (2,55 camas de coidados críticos por 10.000 habitantes). Do total de camas de hospitalización convencional para COVID-19, 8.149 correspóndense coa rede de centros públicos do Sergas, 906 da rede de centros privados e 1.258 cunha expansión hospitalaria que se podería activar en 5 días.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, informou hoxe dos datos do paro do mes de abril, unhas estatísticas marcadas pola parálise da actividade económica derivada da crise sanitaria do Covid-19 e que está repercutindo no mercado laboral galego. Toca explicou que a pesar de que a Comunidade encadeaba seis anos consecutivos de caída do paro interanual nun mes de abril e descensos intermensuais desde o 2013, estas series positivas vense alteradas pola situación actual.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.819, deles 669 son da área da Coruña, 179 da de Lugo, 541 da de Ourense, 155 da de Pontevedra, 696 da área de Vigo, 451 da de Santiago, e 128 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 226 están en unidades de hospitalización e 2.556 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.561 persoas curadas, rexistrándose 573 falecementos. O número de PCR realizadas é de 106.081. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,2% do total das persoas residentes.
A recollida selectiva de envases experimentou en Galicia durante o mes de marzo un incremento de máis do 25% respecto do mesmo período do ano anterior. Así o constatou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a videoconferencia que mantivo esta mañá co director xeral de Xestión Local e Autonómica de Ecoembes, Ángel Hervella, e o xerente da entidade para a Zona Norte, Fernando Blázquez, co fin de coñecer de primeira man como está a funcionar este servizo durante o estado de alarma derivado do COVID-19. Neste sentido, os responsables de Ecoembes para Galicia explicaron que o confinamento da poboación e as restricións impostas debido ao coronavirus non se están a reflictir nas cifras de reciclaxe dos contedores amarelos e azuis.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.056, deles 740 son da área da Coruña, 223 da de Lugo, 588 da de Ourense, 182 da de Pontevedra, 715 da área de Vigo, 468 da de Santiago, e 140 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 34 permanecen en UCI, 253 están en unidades de hospitalización e 2.769 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.234 persoas curadas, rexistrándose 569 falecementos. O número de PCR realizadas é de 104.990.
O Comité de Expertos Económicos de Galicia, en cuxa reunión participou hoxe o presidente da Xunta, concluíu a necesidade de que o Goberno desvincule o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) de forza maior do mantemento do actual estado de alarma. Tal e como apuntou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria despois da xuntanza, esta medida é necesaria para “dotar de seguridade xurídica e certeza aos propios empresarios e autónomos”. A criterio dos expertos, o que debe ser habilitante para a utilización deste instrumento é o impacto sobre o nivel de actividade das empresas derivado das medidas de distanciamento social, limitacións de afluencia ou de períodos de apertura ou calquera outra restrición para o desenvolvemento da súa actividade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.187, deles 771 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 613 da de Ourense, 186 da de Pontevedra, 773 da área de Vigo, 475 da de Santiago, e 147 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 permanecen en UCI, 255 están en unidades de hospitalización e 2.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.075 persoas curadas, rexistrándose 563 falecementos. O número de PCR realizadas é de 103.116.
« Anterior | 7  de  8 | Siguiente »

Archivo

2025 (384)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES