Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

A Cidade da Cultura pon en valor o labor das redeiras cunha exposición fotográfica aberta ao público desde hoxe e que forma parte da programación do Gaiás vencellada ao Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. 'Redeiras. Unha profesión con historia' é unha mostra itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao e que xa foi exposta con anterioridade en Cariño, Cangas do Morrazo e Malpica de Bergantiños. Está composta por 25 fotografías, realizadas pola comisaria Xela Rodríguez, que foron tomadas en tres localidades galegas vencelladas ao mundo do mar para reflectir os procesos artesanais deste oficio e para darlle visibilidade o labor das mulleres no sector pesqueiro, ao mesmo tempo que para empoderalas.
As análises realizadas no Servizo de Urxencias do CHUAC, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, a un paciente procedente de Madrid confirman a infección por coronavirus dunha persoa que se atopa illada no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Este é primeiro caso positivo confirmado en Galicia. Trátase dun home de 49 anos, procedente de Madrid, que se presentou con sintomatoloxía respiratoria no servizo de urxencias do CHUAC e ao que se lle solicita a proba de diagnóstico de COVID-19 ante a presenza dunha neumonía bilateral nun contexto clínico de infección vírica.
Galicia pechou febreiro de 2020 con 7480 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -4,31% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en febreiro de 2009 había 206.570 parados fronte aos 166.229 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en tres puntos á media estatal, situándose como a segunda Comunidade na que máis descende o desemprego en termos absolutos e a terceira en relativos. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas.
A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada no Ateneo Ferrolán, onde permanecerá ata o vindeiro luns. Ao acto de inauguración asistiron a presidenta do Clube de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto, o presidente do Ateneo, Xabier Montero Dongill, o concelleiro de Cultura de Ferrol, Antonio Golpe Díaz, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García Gómez, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria. No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e publicou a súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.
A Consellería de Sanidade vén de poñer a disposición da cidadanía galega o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número gratuíto, pódense resolver todas as dúbidas que as galegas e os galegos teñan ao respecto. En calquera caso, o departamento sanitario galego lembra que para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde, senón contactar telefonicamente co 061.
Baixo o título 'O camiño cara a neutralidade climática. Superando barreiras financeiras', a exposición centrarase na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía, aprobada pola Xunta o pasado outubro e na que se define o marco de actuación a medio e longo prazo co obxectivo de converter a Galicia nunha rexión climaticamente neutra en carbono antes do ano 2050. Este horizonte equipara á comunidade con outras nacións punteiras na loita contra o cambio climático, como é o caso de Suecia, Francia, Costa Rica ou Nova Zelanda e vai na liña dos obxectivos das autoridades comunitarias para que Europa se converta no primeiro continente neutral en carbono.
« Anterior | 8  de  8 | Siguiente »

Archivo

2025 (248)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES