Archivo (4 del 2019)

Buscador

Noticias

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves día 11 no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, dirixida por Gena Baamonde e interpretada por un elenco de 10 actrices. Baixo este título, a compañía pública pon en escena as pezas Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte, que lle ofrecen ao público dúas olladas moi diferentes arredor da identidade galega como punto de partida común. Este eixo temático compartido é o resultado da participación de ambos os autores na primeira edición do grupo de traballo DramaturXa, do que formaron parte xunto a outros 10 integrantes e baixo a coordinación do escritor e director teatral Manuel Lourenzo.
A Fundación Artesanía de Galicia, organiza esta Semana Santa en Madrid a terceira edición da tenda pop up Galicia, Saberes e Sabores, que se celebrará no Palacio de Santa Bárbara (Hortaleza, 87) entre o 12 e o 21 de abril. Na iniciativa poderase tocar e saborear a esencia de Galicia grazas á presenza de nove profesionais de Artesanía de Galicia, así como de dez expositores de produtos gastrónomicos. Ademais, haberá un espazo de exposición e venda de pezas artesanais elaboradas por arredor de 50 talleres artesáns galegos. Como en anteriores edicións, a programación completarase con actividades e talleres de gastronomía e artesanía gratuítos para familias.
Froito da actividade relacionada cos itinerarios xacobeos, Galicia conta hoxe cunha importante industria turística que supón o 10,4% do noso Produto Interior Bruto e ao redor do 11% dos postos de traballo. Nesta liña, estudos de diversas entidades públicas e privadas, estiman que o PIB de Galicia pode crecer entre cinco e seis décimas durante un ano Xacobeo, e consolidarse un crecemento de 1,5 décimas para os anos posteriores. Estes mesmos estudos reflexan que o número de turistas que visitan a nosa Comunidade tende a incrementarse en máis de un millón, dos cales a metade consolidaríanse permanentemente nos anos posteriores.
O mercado MIPTV arranca hoxe na localidade francesa de Cannes, ata onde se desprazou unha delegación do audiovisual galego baixo a marca Films from Galicia. As empresas CTV, DocsHub, Portocabo, Somadrome, Treeline Distribution e Voz Audiovisual participan nesta misión institucional e comercial á que é a meirande feira mundial para a comercialización de todo tipo de formatos, programas e contidos dixitais para televisión. Como en anos anteriores, o punto de encontro da delegación galega en MIPTV é o espazo da marca Films from Galicia dentro do pavillón español, organizado polo ICEX España Exportación e Inversiones en coordinación cunha trintena de empresas e entidades de ámbito autonómico e estatal.
O labor de promoción internacional da oferta turística galega céntrase estes días en Portugal, que, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), é o primeiro mercado estranxeiro que achega máis viaxeiros á comunidade galega. De feito, a súa demanda turística medrou o ano pasado case un 7%. Así pois, a oferta turística galega está estes días en Lisboa, dentro da feira Mundo Abreu, un certame organizado polo operador turístico Viaxes Abreu no que participan os axentes da compañía e varios destinos turísticos convidados, entre eles Galicia. Galicia está presente cun recinto aberto ao público a través do que se difunde a súa oferta turística.
A demora media das consultas de atención primaria en Galicia é de 2,79 días, mentres que a media de España sitúase en 4,77 días. Así se desprende dos datos correspondentes a 2018 do Barómetro sanitario, publicados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Ademais, as persoas que acudiron a un centro de atención primaria do Sergas manifestan, nun 88,1% dos casos, unha valoración moi positiva (boa o moi boa) na atención recibida. A cidadanía galega valora a atención primaria da nosa comunidade con 7,47 puntos sobre 10 (7,31 no Sistema Nacional de Saúde), sendo especialmente apreciados a confianza e a seguridade que transmite o persoal médico (7,70) e enfermería (7,57).
A Ribeira Sacra foi elixida hoxe candidata de España para Patrimonio Mundial da UNESCO. Así o ditaminou por unanimidade o Consello de Patrimonio Histórico, reunido no mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil (Nogueira de Ramuín). A Ribeira Sacra abrangue 22 concellos das provincias de Ourense e Lugo, entre os vales do Sil e o Miño. Reúne un conxunto de cenobios, mosteiros, igrexas, capelas e cruceiros que, pola súa variedade e densidade, configuran un espazo cultural único en todo o mundo, destaca o Consello de Patrimonio Histórico. A candidatura española será presentada ante o organismo internacional en febreiro de 2020 e a inclusión resolverase en 2021.
No marco do proxecto multidisciplinar 'Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación', ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias. Nesta ocasión presenta o ciclo de actividades 'Sábados musicais' dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 9 anos. Desenvolveranse todos os sábados do mes de abril. Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.
A nova edición do Galicia Emprende contará cunha achega de 9 millóns de euros, un 28% máis que na pasada edición, para apoiar 200 proxectos de autónomos e emprendedores, que mobilizarán investimentos por valor de 24 millóns de euros e cunha previsión de creación ou mantemento de 700 postos de traballo. Este plan ten como obxectivo favorecer a creación de novas empresas e consolidar proxectos que leven menos de 42 meses funcionando. Ademáis inclúe unha serie de ferramentas para as empresas, como son a plataforma StartIN Galicia, que ofrece un apoio integral a todos os proxectos que nadas das incubadoras, os préstamos directos da liña de Instrumentos Financeiros Innovadores e os préstamos participativos ou capital risco.
Este órgano entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte. Hoxe celebrouse apertura deste Consejo que se celebra estes días no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A orde do día inclúe a exposición dos aspectos técnicos da candidatura da Ribeira Sacra.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (267)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES