Noticias

Comeza o Consejo de Patrimonio Histórico que tratará a candidatura da Ribeira Sacra á Lista do Patrimonio Mundial da Unesco

Este órgano entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte. Hoxe celebrouse apertura deste Consejo que se celebra estes días no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. A orde do día inclúe a exposición dos aspectos técnicos da candidatura da Ribeira Sacra.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe na apertura do Consejo de Patrimonio Histórico que se celebra estes días no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra. Integran esta reunión, que está presidida polo director xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e Deporte, Román Fernández-Baca, os directores xerais de Patrimonio Cultural de todas as comunidades autónomas.

Na súa intervención, o titular de Cultura e Turismo salientou os valores da Ribeira Sacra e o intenso e importante traballo técnico que desde a Administración autonómica se vén realizando para definir todos os aspectos da candidatura da Ribeira Sacra para que sexa incluída na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco.

“Quero lembrar que nos encontramos nunha zona que destaca polo seu patrimonio natural, pero tamén polo seu importante patrimonio arquitectónico”, subliñou Román Rodríguez que, ademais, explicou que na Ribeira Sacra existe unha das maiores concentracións de construcións relixiosas de estilo románico de Europa. “Podemos atopar nesta zona máis de 1.200 bens singulares e é precisamente a amplitude e riqueza destes bens a que fai que na Xunta confiemos nesta candidatura”, sinalou.

Despois da apertura da sesión, na que tamén participou o alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, José César Parente Pérez, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o deputado da área de Goberno Interior e Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, os membros do Consejo comezaron a súa reunión. A orde do día inclúe a exposición por parte do equipo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia dos aspectos técnicos da candidatura da Ribeira Sacra.

Consejo de Patrimonio Histórico

Este órgano entre a Administración do Estado e as Comunidades Autónomas ten como finalidade especial facilitar a comunicación e o intercambio de programas de actuación e información relativos ao Patrimonio Cultural Español e nel están representados todos os directores xerais con competencias en materia do patrimonio cultural das distintas autonomías españolas, xunto cos representantes do Ministerio de Cultura e Deporte.

R., 2019-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
A maior presenza de proxectos tecnolóxicos ou xurdidos da investigación universitaria entre as iniciativas de emprendemento seleccionadas é un dos aspectos destacados dá XIII Pont-Up Store. Promovido pola UVigo e organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, este encontro do emprendemento permite a 48 novas iniciativas empresariais dar a coñecer os seus produtos e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES