Buscador
Noticias
O Centro de Estudos Avanzados da USC acolleu o encontro 'Data Science in Fundamental Physics and the bridge to industry & society', organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Neste evento, máis dun cento de persoas puideron coñecer como a ciencia de datos, unha disciplina que está a experimentar un notable crecemento nos últimos anos, achega un grande abano de solucións á sociedade en todo tipo de aplicacións diarias.
Desde este mércores e ata o venres, celébrase na Facultade de Dereito do campus de Ourense un curso no que especialistas dos eidos xurídico e tecnolóxico dialogan sobre o impacto que nos dereitos humanos ten e vai a ter o desenvolvemento imparable da intelixencia artificial. Nel abórdase temas diversos que abranguen desde a protección de menores á discriminación algorítmica.
Un total de 34 mulleres que son exemplo de innovación no rural integran a feira de primavera coa que o Campus Terra da USC quere dar voz, a través de espazos expositivos e diversas mesas redondas, ás emprendedoras que loitan cada día contra o despoboamento. Trátase de historias inspiradoras sobre como afrontar os retos e aproveitar as oportunidades, explicou Elvira López Mosquera, delegada do reitor para o Campus Terra, no acto inaugural deste foro que se desenvolve ao longo do xoves 6, na Praza da Mosqueira de Lugo.
A UVigo volve converterse en punto de encontro para especialistas internacionais en nanociencia, nanomedicina e nanoquímica. Hoxe arrancou no edificio Miralles a 3ª edición de The Thinking Institute, unha iniciativa do CINBIO, o Centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo coa que se busca converter a Vigo en sede anual dunha xuntanza internacional dos nomes máis destacados do panorama internacional.
Co obxectivo de festexar a cultura, a música e o canto coral que une a Galicia e Portugal, este sábado celebrouse no Teatro Principal o Encontro de Coros Universitarios, organizado polo coro do campus de Ourense Schola Cantorum (Cuco). Nel, cantoras e cantores da UVigo compartiron escenario cos seus homólogos da Universidade do Minho, interpretando cada un deles nove cancións.
A Fundación CEER, Fundación Centro de Estudos Eurorexionais Galicia - Norte de Portugal (FCEER), constituíus en 2004 co obxectivo de reforzar os vínculos entre as seis universidades públicas de Galicia e do norte de Portugal: A Coruña, Minho, Porto, Santiago de Compostela, Vigo e Trás-os-Montes e Alto Douro. Desde entón pasaron 20 anos e converteuse nun elemento clave de dinamizacións das relacións de cooperación entre as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia norte de Portugal.
O próximo xoves, 6 de xuño, ás 6,30 da tarde, vaise celebrar a última sesión de LUGOPOÉTICA 2024, na sede da Uned en Lugo. Esta acción, promovida por Egeria co apoio da Uned e a Xunta de Galicia, comprende 6 xuntanzas de poetas de diferentes xeneracións poéticas, que conversan coordenados por Xulio Xiz, lendo anacos da súa obra.
A sinerxía entre as categorías de funtores e tensores, a teoría de modelos para módulos e as categorías construtivas en sistemas de control lineal son as temáticas a tratar esta semana na conferencia satélite 'Functor and Tensor Categories, Models and Systems' do Noveno Congreso Europeo de Matemáticas (9ECM), un evento científico que se estenderá ata o 7 de xuño na Facultade de Matemáticas.