
Cos contidos destas sesións poéticas, hase publicar un libro cunha selección da obra dos doce participantes.
Nesta última xuntanza van participar Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero e Francisco Javier Neira Pampín. O acto é publico e difundirase en directo pola rede dixital da Uned, para logo publicarse na Rede, e nas webs de Egeria e Lugopoética24.
Os participantes
BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO, Mero (Vilalba, 1951). Profesor, cantante e escritor. Membro fundador de Fuxan os Ventos e A Quenlla, ten recollido canción tradicional por toda Galicia, e composto música como a de O Carro,que dan máis vida a poemas fundamentais. Galardoado co Pedrón de Ouro ou Facer País, o seu labor poético está recollido en libros esenciais, e tenlle deparado numerosos premios.
FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN (Santiago, 1953). Licenciado en Medicina e Cirurxía e especialista en Uroloxía. Na actualidade, traballa en Polusa (Lugo). É membro da Sociedade Galega e Española de Uroloxía. Cultiva a pintura, a música e a escrita. Ten publicadas cinco novelas e dous libros de poemas: un en solitario -Vaite baixo- e outro con Xosé Carlos Ulloa, Nuevo amanecer.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.