Archivo (6 del 2023)

Buscador

Noticias

A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.
A medicina “de precisión” aspira a adaptar os tratamentos ás características de cada paciente. Neste senso, os estudos xenómicos ofrecen cada vez máis datos para logralo, pero precisamente esta abundancia dificulta a tarefa: o persoal médico debe interpretar numerosas alteracións xenéticas e só algunhas resultarán relevantes para diagnosticar o tipo e estadio de cada cancro e decidir como tratalo.
Unha clara aposta pola diversidade e polos valores emerxentes, así se presenta unha MIT que reúne máis de vinte espectáculos e varias actividades escénicas complementarias arredor do lema “memoria, cohesión e innovación”. Querer descubrir as creacións da xente moza do panorama estatal, moitas delas recoñecidas con premios revelación e de novos talentos, ese é o espírito dunha MIT que tamén mira para aquela mocidade de Abrente que con valentía e ilusión afrontou un movemento revolucionario.
O proxecto Atlantic Positive logrou desenvolver ao longo de tres anos estratexias efectivas de control e mitigación da avespa velutina coa intención de preservar as poboacións autóctonas de polinizadores. Un equipo que involucrou a dez institucións de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido e a outros 20 organismos, executou este proxecto liderado pola Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal.
Máis de 150 persoas participarán nas VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad (JNIC) que se celebrarán en Vigo entre os días 21 e 23. O evento é a principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal e terá lugar por primeira vez en Galicia, tras o seu paso por León, Granada, Madrid, San Sebastián, Cáceres e Bilbao.
Novos investigadores da comunicación, procedentes de universidades de España e América Latina, reúnense na Facultade de Comunicación da Uvigo con motivo do IV Doctorial da Asociación Española de Investigación en Comunicación. Organizado pola asociación e a facultade, trátase dun evento dirixido a pór en contacto investigadores que traballan actualmente nas súas teses de doutoramento con “académicos e académicas de referencia no noso país”.
Faltan 15 días para comezar o festival de cultura urbana Rompetiño Jump 2023. O equipo do Rompe xa ten pechada toda a programación cultural e deportiva que se vai desfrutar nas xornadas do primeiro fin de semana de xullo. Este ano continuarán os deportes estrela na Zona Skatepark, o BMX e o Skate. Alí se celebrarán as competicións deportivas destas disciplinas en dúas categorías, a junior e senior, masculino e feminino.
As infeccións respiratorias bacterianas e virais contribúen significativamente á morbilidade e mortalidade global. Patóxenos causantes de enfermidades como a tose ferina, a pneumonía, a gripe ou a COVID-19 teñen importantes implicacións para a saúde pública. Para combater esta problemática dende etapas temperás da infección creouse o consorcio europeo NOSEVAC, no que participa de maneira activa o CiMUS, da USC.
O auditorio Mar de Vigo acolle dende o mércores e ata o venres a cita anual de EUNIS, a organización europea de sistemas de información universitarios. Esta edición, coordinada pola Universidade de Vigo, ten como lema Universidades europeas e transformación dixital. Retos e oportunidades e nela participan 210 asistentes de 24 países, principalmente de Europa.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense acolleu este martes a celebración da xornada Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro. A cita estivo organizada polo Nodo CIBER.gal en colaboración con esta escola da UVigo e co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (140)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES