Notas de prensa

Máis de 150 especialistas participarán a vindeira semana en Vigo no principal encontro nacional de investigación en ciberseguridade

Máis de 150 persoas participarán nas VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad (JNIC) que se celebrarán en Vigo entre os días 21 e 23. O evento é a principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal e terá lugar por primeira vez en Galicia, tras o seu paso por León, Granada, Madrid, San Sebastián, Cáceres e Bilbao.

Estas xornadas están organizadas conxuntamente por atlanTTic, Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, e polo centro tecnolóxico Gradiant, co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe).

Ana Fernández Vilas, presidenta del comité organizador por parte de atlanTTic, destaca que este centro da UVigo asumiu a organización das xornadas “con especial orgullo”, xa que a ciberseguridade é “unhas das tres grandes áreas estratéxicas que vertebran a nosa axenda científica, un ámbito no que levamos traballando dende a fundación de atanTTic en 2010 e que, neste tempo, consolidounos como referentes grazas á excelencia científica do noso persoal investigador, os proxectos e colaboracións de referencia a nivel internacional, e as iniciativas tractoras impulsadas en ámbitos como as comunicacións cuánticas, a seguridade 5G/6G e as contornas confiables para IA”.

A presidenta do comité organizador por parte de Gradiant, Lilian Adkinson, tamén asume a honra que supón a organización das xornadas, xa que para o seu centro a ciberseguridade sempre foi “unha clara aposta estratéxica” reforzada nos últimos anos “ao tratarse dunha das tecnoloxías esenciais para a transformación dixital xunto coa conectividade e a intelixencia artificial”, que conforman os ámbitos de especialización do centro. “Apostar de forma decidida e continua por tecnoloxías de seguridade e privacidade, as tecnoloxías cuánticas ou as redes de comunicacións 5G/6G levounos a converternos en referentes, e seguimos traballando para superarnos día a día”, subliña.

Tecnoloxías disruptivas, ciberseguridade e tecnoloxías cuánticas

O obxectivo das JNIC é xerar un foro de intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito da ciberseguridade entre persoal académico, investigador e empresas. As xornadas centraranse en tres eixes: investigación, transferencia e formación en ciberseguridade a través de diversas sesións e mesas redondas.

O programa comprende dúas conferencias con poñentes de recoñecido prestixio internacional, como Mordechai Guri, experto informático e investigador en seguridade, que falará na súa conferencia Air-Gap Security: Attacks and Defense sobre canles de ocultación para a comunicación con redes fisicamente illadas, e Carmela Troncoso, profesora da Escola Politécnica Federal de Lausana, que abordará na súa ponencia, tiitulada Privacidad por diseño: del papel a la práctica, distintas interpretacións desta filosofía de deseño de sistemas dixitais, con exemplos de uso de tecnoloxías deseñadas para mellorar a privacidade (Privacy Enhancing Technologies) combinadas con sistemas que permiten funcionalidades complexas sen necesidade de recoller nin procesar datos.

Ademais, o congreso comprende dez sesións e dúas mesas redondas que permitirán conversar sobre tecnoloxías disruptivas e o rol da ciberseguridade e o horizonte en tecnoloxías cuánticas durante a primeira e segunda xornada do evento.

As xornadas contan con apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Seresco, Plexus Tech, a Cátedra R en Ciberseguridade, RENIC (Red de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridad), Eviden, Optare Solutions, Viewnext e CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da lnformación e as Comunicacións).

Universidade de Vigo, 2023-06-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES