Archivo (4 del 2022)

Buscador

Noticias

A UVigo lanza este curso a I Feira internacional EmpregoinCampus con presenza nos tres campus. O obxectivo é pór en contacto aos titulados e tituladas e aos estudantes dos últimos cursos con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias. Serán feiras por ámbitos, nas que se combinará o formato presencial -con postos das empresas e un programa variado de actividades nas diferentes escolas e facultades- co virtual, facilitando tamén a asistencia en liña.
O encontro, organizado polo Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), reuniu a un amplo grupo de investigadores das tres universidades galegas, así como aos directores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román González, e o presidente de Renfe, Isaías Táboas, asinaron un acordo de colaboración para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Ao abeiro deste acordo, ambas entidades desenvolverán accións conxuntas encamiñadas a promocionar e fomentar a cultura e a lingua galegas a través dos servizos públicos de Renfe Viaxeiros, así como á promoción do transporte por ferrocarril.
Unha obra que propuña unha reflexión sobre o feminismo e sobre a situación da muller no século XXI abriu no Pazo da Cultura a XIII Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra, que recuperaba a súa actividade tras doce anos de interrupción. A Aula de Teatro da USC foi a encargada de inaugurar este ciclo teatral promovido pola UVigo coa colaboración do Concello.
O FIV de Vilalba volverá tinguir de rosa fucsia a localidade que lle viu nacer fai xa quince edicións. Ata o vindeiro domingo, o FIV acollerá un dos carteis máis completos que se lembran, volvendo á súa orixe, formando parte de apertura da tempada de festivais. Trátase dun evento único que funciona ademais como dinamizador cultural do territorio, xa que durante o mesmo, as dezanove propostas musicais mestúranse con outras disciplinas que completan a experiencia.
Do 1 ao 16 de maio a cidade de Ourense acollerá a celebración da 27ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). A cita contará nesta edición con 17 espectáculos de compañías e aulas de teatro universitarias de catro países, destacando na programación actuacións como as de Leo Bassi e Pepe Viyuela.
Investigadores da USC e da UVigo lograron desenvolver un código baseado no concepto de ‘xemelgo dixital’, co que predicir a evolución de doenzas como a COVID-19 a curto, medio e longo prazo. Así, a través dunha simulación virtual poden observar como tería sido a evolución da pandemia no caso de non ter adoptado distintas medidas, tanto de maior control como de relaxación.
A secuenciación xenómica do SARS-CoV-2 permite identificar as variantes do virus e trazar a súa diseminación a unha escala xeográfica grande, comprendendo así como este se move polo planeta. Pero a abordaxe estándar de secuenciación non permite explicar como o virus se transmite a unha escala máis pequena, por exemplo, dentro dun domicilio ou nunha residencia da terceira idade.
A Universidade da Coruña retoma coa edición deste ano do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña o camiño cara a normalidade. Aínda que este ano o FITEUC terá un formato máis reducido, desde a vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte esperan que o próximo curso se volva a un festival coa participación de universidades como as de antes da pandemia.
O Encontro Universitario de Danza da USC regresa ao Vello Cárcere de Lugo na súa vixésima edición coa presentación os días 21 e 22 de abril de catro intervencións artísticas interpretadas polos integrantes das compañías Danza USC-Compostela e Danza USC-Lugo, ligadas ao Espazo de Danza da USC e das formacións SanTango e D-ou-tras, da Universidade de Vigo.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES