Notas de prensa

17 espectáculos para celebrar a 27ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

Do 1 ao 16 de maio a cidade de Ourense acollerá a celebración da 27ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). A cita contará nesta edición con 17 espectáculos de compañías e aulas de teatro universitarias de catro países, destacando na programación actuacións como as de Leo Bassi e Pepe Viyuela.

A 27ª edición da mostra foi presentada este martes no Teatro Principal de Ourense pola súa organización, que corre a cargo de Sarabela Teatro, e polos seus patrocinadores. Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, salientou “a satisfacción e ledicia” da institución académica por participar nunha nova edición desta mostra que, apuntou, conta coa participación “das nosas aulas universitarias de teatro, das que nos sentimos tan orgullosos”. Esta edición, subliñou Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, “é xa unha Miteu de recuperación de datas, de formato e de esencia”, facendo fincapé na relevancia de que son xa “27 edicións dun proxecto cultural baseado no teatro universitario” que conseguiu sobrevivir “contra os ventos e as mareas”, entre elas a pandemia da covid-19.

O feito de chegar a cumprir a súa 27 edición tamén foi recalcado por Olga Mojón, directora do Teatro Principal, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, que lembraron a colaboración institucional que aúna esta mostra. A esta colaboración pública únese este ano por primeira vez o patrocinio dunha empresa privada, Cervexas Esmorga, cuxo fundador, Luis Portabales, destacou na presentación da Miteu que desde a súa “modestia como empresa” quixeron colaborar con esta iniciativa sacando unha edición limitada do seu produto co gallo da celebración da mostra.

A piques de rematar o seu mandato como vicerreitora, Esther de Blas quixo ademais agradecer ás institucións presentes no acto o “respecto e agarimo” amosado durante estes catro anos que estivo á fronte do campus de Ourense. Estas palabras foron correspondidas polos representantes institucionais presentes, que agradeceron a Esther de Blas a colaboración e o trato dispensado.

Reflexionar, emocionarse e gozar

Fernando Dacosta, director da Miteu, foi o encargado de debullar a programación desta 27ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, que se desenvolverá en diversas rúas da cidade, no campus, no Teatro Principal, no Liceo e no Café Auriense, entre outros espazos. Da cita destacou que contará con 17 espectáculos de xéneros diversos, desde o teatro de rúa ata o circo, ofrecidos por aulas e compañías procedentes de ademais de España, de Italia, Portugal e México. Aínda que a maior representación corresponde a grupos de Galicia, esta edición inclúe representacións procedentes de Madrid, Castilla y León, Navarra, Murcia e Catalunya, participando artistas como Pepe Viyuela (co espectáculo Encerrona) e Leo Bassi (con Yo Mussolini) pero tamén e sobre todo aulas de teatro de universidades como as de Vigo, Ourense e Pontevedra, Lugo, Navarra, Murcia e Burgos.

Desta 27ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, o seu director apuntou como destaca na programación “a reflexión sobre o mundo que nos rodea” e o traballo das compañías por “darlle forma artística a esa reflexión”. Así, dixo Fernando Dacosta, nos espectáculos están presentes temas como as pandemias, as migracións, a dor do ser humano ou a nostalxia, sen faltar igualmente o amor e o humor. A mostra, engadiu, segue coa idea de “tocar diversos xénero, estilos e poder chegar á cidadanía e que todos teñan o seu lugar para gozar, para reflexionar e para emocionarse”. Tamén adiantou que esta edición renderá homenaxe ao músico falecido Xaime Mateo cun concerto e que o Premio da Miteu será para Mohamed Azibou, actor e “amigo da Miteu” por ser “ponte cultural” entre as culturas galega e marroquí.

Participación da UVigo

A programación da mostra arrancará o domingo 1 de maio coa actuación de Rosaura Aula Universitaria de Ourense, que representará ás 19.00 h o seu espectáculo de rúa A contrapé no centro da cidade, da Praza Maior aos Xardíns Padre Feijoo. Non será a única aula escénica da UVigo que actuará nesta edición da Miteu. O martes 3, Cordelia Aula Universitaria de Ourense levará o seu espectáculo Ecos do deshabitado ao Teatro Principal. Igualmente, o martes 10 a Aula de Teatro de Vigo representará no mesmo escenario Emigrados e a Aula de Teatro de Pontevedra Nosa Señora das Nubes. O peche desta edición da mostra correrá a cargo, como xa é tradición, da tamén Aula Universitaria de Ourense Maricastaña, que presentará ao público o seu espectáculo O parke do crepúsculo. A aula de danza do campus de Ourense tamén participará nas 11ª Xornadas de Danza D-Outras, que terá lugar o sábado 14 no Teatro Principal.

O campus de Ourense tamén participará nesta edición acollendo varias das súas actividades complementarias, como son o día 3 de maio a presentación do libro Bestiario con Pepe Viyuela e o 14 de maio, na antiga capela, o Curso de Principios Básicos da Commedia dell´Arte.

Universidade de Vigo, 2022-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
Foto de la tercera plana (lobo-galicia.jpg) A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.

Notas

O Concurso Runas 2026, que desde o ano 2000 impulsa a difusión da cultura e da música celta, pechou as súas votacións en liña superando os 100.000 votos emitidos, consolidando esta edición como unha das de maior participación dos últimos anos. O resultado final estivo marcado pola coincidencia entre o voto popular e a valoración do xurado profesional, que seleccionaron a JDC, Aérokorda e Leni Pérez & Sekadra como os tres grupos finalistas que actuarán este verán no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Baixo o título ...miña prenda, desde este xoves e ata o 24 de xullo, a Sala Alterarte acolle unha exposición do artista Xosé Poldras comisariada por Marta García. Con ela pecharase a programación deste curso académico do espazo expositivo do campus de Ourense. A mostra recolle principalmente gravados deste creador pero tamén dá entrada a outro tipo de pezas súas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES