
O FITEUC, que se verá no Centro Ágora, comezará este mércores, día 20 coa Aula de Danza da UDC-Campus de Ferrol que amosará unha mostra do traballo Eco. Coa dirección e coreografía de Cristina Montero actuarán Alejandro García, Carmen Pardo, Carmen Sas, Cristina Moreira, Eugenia Sanmartín, Helga Méndez, Juliana Andrea Galindo e Saioa Ventura.
A continuación sairá á escena a Aula de Teatro da UDC-Campus de Ferrol, coa mostra do traballo Oda ao odio. Baixo a dirección de Fran Nogueira, interpretarán Claudia Naveiro, Claudia Buyo, Paula Tubío, Amanda Marquina, Uxía Catoira, Daniel Vilela [Nelu] e Sarath Krishnan.
Finalmente, actuará a Aula de Danza da UDC coa peza Un lugar na dirección de Alba Fernández. O elenco está formado por Mariola López, Patricia Iglesias, Elías Álvarez, Cristina Nogueira, Alfonso Louro, Ana Blanco, Lucía Vázquez, Daniela Castellanos, Fabiola Fraga e Reme Cuba e coa iluminación de Afonso Catro.
O FITEUC continuará o xoves, 21 de abril, coa Aula de Teatro da UDC que interpretará Criaturas de Roberto Vidal Bolaño. Dirixidos por Rubén Ruibal actuarán Andrés Rey, Pedro Lago, Lays Portela, Laura Pereira, Nuria F. Piñeiro, José David Martínez Reboredo, Mariña Naya Fernández, Adrián Villegas, Giandomenico Morello, Nuria Calvo, Marcelino Fuentes, Celia Segade Quintas, e con Afonso Castro na iluminación e Celia Segade de axudante de dirección.
As actuacións dos dous días comezarán ás 20:00 horas.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.