Buscador
Noticias
Publicouse a resolución pola que se incorporan cinco centros ao Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), prorrogando ademais a participación no proxecto dos 38 centros educativos que xa o desenvolven. Esta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, ten entre os seus obxectivos promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica.
Segundo estimacións de especialistas, o 12% das enfermidades en todo o mundo son de orixe mental, cifra que ascende ao 23% nos países máis desenvolvidos. Os trastornos depresivos serían a terceira causa principal de enfermidade e as estimacións indican que poderían acadar o primeiro posto en 2030. Partindo deste escenario, a USC xunto coas universidades de Trento (Italia), do Minho (Portugal) e Adam Mickiewicz (Polonia) desenvolveron o proxecto SOS-Digital.
Investigadores da Universidade de Santiago desenvolveron unha metodoloxía específica para estudar a capacidade de carga turística do Camiño Francés. Este é un concepto técnico que mide o número de visitantes ou persoas usuarias dun recurso turístico unha vez que se teñen en conta aspectos como a superficie dispoñible, as condicións climáticas ou as limitacións derivadas da xestión administrativa do recurso.
Presentouse o Festaclown 2021, que un ano máis converterá Vilagarcía na capital galega do clown e das risas do 16 ao 21 de agosto. Un ano máis, as protagonistas serán as mellores compañías galegas: Pedras de Cartón, Circo Chosco, Dani García, A Vela Circo, Sue Moreno ou Assircópatas. Completan a programación grandes nomes a nivel estatal e internacional como Tchyminigagua, Bergamotto Clown, Mayte Guevara, Rudi Dudi ou Eddy Eighty.
Manuel Rama Caamaño desenvolveu na súa tese diferentes metodoloxías que permiten avaliar a sustentabilidade de sistemas urbanos e identificar os principais puntos febles con respecto a un desenvolvemento sostible. A investigación aborda unha cuestión de actualidade polo crecemento exponencial nas últimas décadas da poboación urbana, ata alcanzar o 66 % do global.
Aumentar o poder negociador dos gandeiros sobre o prezo do leite. Este é o principal obxectivo de Conta Láctea, a aplicación informática posta en marcha pola Xunta para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras. Así o expuxo o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a presentación desta app ao sector, nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.
Nenos e nenas do CEIP Espiñeira (Aldán), traballando conxuntamente con escolares do val de Aosta italiano ao igual que o fan estudantes da illa croata de Korkula con rapaces dunha aldea de Chipre... O proxecto europeo Green SEEDS ten como obxectivo contrarrestar o risco de illamento das pequenas escolas rurais a través do debate e o traballo conxunto entre profesorado e alumnado de centros situados no rural, en illas ou en montañas de cinco países do sur de Europa.
O 20 de agosto, cadrando coa data do pasamento de Avelino Pousa Antelo, na Casa do Concello de Teo (A Coruña), no auditorio Constante Liste, ás 12:00 horas, a Irmandade Avelino Pousa, xunto coa Irmandade Manuel María e a AC Xermolos, farán recoñecemento do VIII Caxado de Avelino ás irmás Marica e Tereixa Campo, pola íntima afectividade, amizade e lealdade a Avelino Pousa Antelo. Este recoñecemento cada ano baséase precisamente na valoración de afecto, relación limpa e lealdade á persoa de AVELINO POUSA.
Despois de ter que adiar a súa sétima edición o ano pasado por mor da evolución da pandemia, Pont-Up Store, evento de fomento da innovación e o emprendemento do noroeste peninsular, 'xa quece motores para regresar con máis ilusión ca nunca e varias novidades durante os días 24 e 25 de setembro', segundo indican os seus responsables.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e os delegados da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; en Ourense, Gabriel Alén; e Pontevedra; Luis Lopez; participaron no encontro Next Generation Galicia. Por un rural forte e conectado.