Archivo (12 del 2020)

Buscador

Noticias

A obesidade é un problema de saúde global, que afecta a máis de 670 millóns de persoas e que pode conducir a patoloxías crónicas como diabetes de tipo 2, enfermidades cardiovasculares ou cancro. Trátase pois dun factor de risco de morte prematura que, segundo un estudo realizado por investigadores das universidades de Vigo e Sidney e da Norwegian School of Sport Sciences, podería verse compensado pola práctica regular de actividade física.
Un equipo integrado por xeógrafos, analistas territoriais, enxeñeiros e economistas, traballa dende o inicio da pandemia na xeración dunha cartografía de risco da COVID-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia. É un proxecto financiados polo programa 'Sumo Valor', a través da liña que busca apoio para as investigacións de diferentes liñas de coñecemento que contribúan a combater e paliar os efectos da pandemia na sociedade.
O escritor e profesor de Rianxo, X. Riardo Losada, é o gañador do XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega coa súa obra coa novela "O rosario e a buguina" na que recrea os últimos meses de vida do poeta Manuel Antonio cando, gravemente enfermo, regresa a Rianxo desde Cádiz para refuxiarse neste tempo final na casa familiar, e o conflito que ten coa súa nai por motivos relixiosos.
O retroceso global do acantilado na Praia das Catedrais é un proceso lento no que, se non se realiza ningunha intervención de consolidación, o risco de caídas illadas de bloques medianos ou pequenos é considerable. Esta é unha das conclusións do informe realizado hai un ano por profesores universitarios especialistas en Xeoloxía, Enxeñaría de Costas e Xeotecnia coordinado polo profesor de Xeotecnia da ETS. de Camiños, Canais e Portos, Luis Medina Rodríguez.
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este xoves, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a presentación do proxecto Talentos Inclusivos, desenvolto en colaboración con ASPACE Coruña e co apoio do Consello Social da UDC. Esta iniciativa recibiu unha axuda de 30.000 euros por parte da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática é o segundo volume da serie de publicacións ArGaMed (Arquivo Galicia Medieval), iniciada co volume dixital O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica (Elvira Fidalgo e Antonio Fernández, 2019) e destinada a difundir estudos ou edicións críticas ou paleográficas relacionadas cos proxectos medievalistas do CRPIH.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acolle este domingo o espectáculo ‘Unha aventura singular: o gato con botas’, unha versión musicada do conto clásico na que participa a narradora Charo Pita e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela coa dirección de Casiano Mouriño. O espectáculo, concibido ex profeso para a ocasión, esgotou os seus convites. e a lista de espera está tamén completa.
A Plataforma Cultural SóLODOS presenta a 5ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos. Debido ás circunstancias derivadas da COVID - 19, nesta ocasión a programación SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 celebrarase online os días 3, 4 e 5 de decembro a través de Facebook Live na páxina de SóLODOS.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES