Notas de prensa

O Centro Ramón Piñeiro publica 'Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática'

Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática é o segundo volume da serie de publicacións ArGaMed (Arquivo Galicia Medieval), iniciada co volume dixital O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica (Elvira Fidalgo e Antonio Fernández, 2019) e destinada a difundir estudos ou edicións críticas ou paleográficas relacionadas cos proxectos medievalistas do CRPIH.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía, no salón de actos do Pazo de San Roque, na presentación da nova publicación en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática.

Valentín García quixo poñer en valor o traballo do CRPIH arredor da lírica medieval galega a través de proxectos como Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María, Prosa literaria galega medieval ou Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval, “dos que esta publicación é tamén un froito”. Así mesmo, explicou que a publicación en liña do libro Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática“ permite o acceso universal e gratuíto ao saber xerado neste centro de investigación da Xunta de Galicia”.

Xunto co secretario xeral de Política Lingüística, participaron na presentación o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro, Manuel González, e a directora da publicación, Déborah González.

Monografía a cargo de oito especialistas nos estudos medievais

Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática é o segundo volume da serie de publicacións ArGaMed (Arquivo Galicia Medieval), iniciada co volume dixital O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica (Elvira Fidalgo e Antonio Fernández, 2019) e destinada a difundir estudos ou edicións críticas ou paleográficas relacionadas cos proxectos medievalistas do CRPIH.

Trátase dunha monografía dedicada á lírica que reúne oito capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais como son Xosé Bieito Arias Freixedo, Mercedes Brea, Ângela Correia, Charmaine Lee, Simone Marcenaro, Henrique Monteagudo, Maria Ana Ramos e Gema Vallín. Os seus artigos abordan aspectos como a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa a partir do recoñecemento de estratos (scripto) lingüísticos diferentes; a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco a partir do exame da localización e autoría das composicións ‘espurias, de incorporación máis recente; os problemas de atribución no cancioneiro galego-portugués; a produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística; a avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico e o uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco.

O volume completo pode descargarse na páxina do CRPIH, así como na libraría institucional da Xunta de Galicia.

Centro Ramón Piñeiro, 2020-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES