
Empresas e particulares poden apoiar estas investigacións vencelladas ao SARS-CoV-2 mediante microdoazóns por valor non superior aos 3.000 euros, xa sexa unha cantidade monetaria ou un ben. As doazóns poden realizarse a través da páxina web do programa: https://www.usc.gal/gl/micromecenado/proxectos/microdoazons.html. Sumo Valor é un programa da USC que conta co apoio do Consello Social.
Ãngel Miramontes, dende o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), coordina esta equipo multidisciplinar, que tamén conta co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain). O Sergas proporciónalles os datos relativos aos contaxios, que os investigadores vencellan cunha gran cantidade de información de tipo territorial da que dispoñen: municipios, catastros, demografÃa, envellecemento poboacional, dispersión da poboaciónÂ… e outros máis concretos como a localización de farmacias, hospitais e centros de saúde, liñas de autobús ou mobilidade da poboación. Tamén empregan variables socioeconómicas como o PIB. A finalidade é coñecer como se comporta o virus, xa que varÃa moito dun concello a outro ou mesmo dentro dunha mesma poboación. “O tratamento da información é moi laborioso, cómpre depurala e xeorreferenciala” -indica o investigador principal do proxecto-.
Con todo o material, o equipo xera mapas e informes temporais -semanais e quincenais- que permiten coñecer como aumenta ou diminúe un determinado foco de contaxio, ao tempo que explican as causas que provocan cada situación. EnvÃan estes resultados tanto á Axencia Galega de Innovación como ao Sergas, o que serve de guÃa para tomar as medidas máis axeitadas en cada intre.
Unha radiografÃa perfecta da evolución da pandemia
Nun primeiro momento os investigadores do Idega realizaron análises territoriais do comportamento da COVID-19 en toda Galicia. Agora estanas a desenvolver a outras escalas, con máis detalle, depurando os datos da información territorial coa que contan. AsÃ, tamén se centran nas sete cidades galegas e nas áreas rurais máis significativas, xunto con aqueles puntos nos que se localiza un maior número de focos de contaxios.
O obxectivo deste proxecto a longo prazo é, unha vez que remate a pandemia, dispor dunha radiografÃa perfecta de como foi evolucionando e todos os cambios que se foron producindo no caso concreto do territorio galego. Deste xeito, entre outras posibilidades, os datos particulares do coronavirus poderán combinarse cos doutras enfermidades como a gripe, posto que a cartografÃa de risco que están a xerar ofrece unha capacidade de análise moi ampla.
O equipo da Universidade de Santiago colabora con outros xeógrafos e analistas territoriais doutros puntos de España, Portugal, América, Sudamérica e mesmo de Corea co fin de coñecer a realidade a escala mundial. Ãngel Miramontes salienta que “esta investigación ten unha clara repercusión territorial e social, de aà a importancia de que a sociedade teña coñecemento do que se está a avanzar neste eido. Pero tamén interesa que a sociedade e os axentes económicos se impliquen neste proceso a través de accións como o micromecenado porque é un bo xeito de contribuÃr á calidade máxima da investigación”.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.