Archivo (1 del 2020)

Buscador

Noticias

A difusión dos valores da dieta atlántica foron o exito central dunha xuntanza celebrada na Reitoría compostelá coa participación de representantes da Fundación Dieta Atlántica, Turismo de Galicia, Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) e do grupo Lume Atlántico así como do chef Santiago Fernández, e aos que recibiu o reitor Antonio López. O obxecto deste encontro foi a definición de posibles vías de traballo conxunto entre as distintas institucións arredor desta fórmula gastronómica.
Galicia estará presente na 40ª edición de Fitur, a Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro, a través dun novo stand centrado no Xacobeo 21 que permitirá recrear o Camiño de Santiago mediante un percorrido sensorial inmersivo. O expositor da nosa Comunidade terá unha superficie de 967 metros cadrados e estará centrado nas particularidades de Galicia como destino turístico, en especial, no Camiño de Santiago na antesala do Xacobeo 21.
Un novo traballo desenvolvido integramente no Centro Singular en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) polo investigador posdoutoral Marie Curie Nacho Insua mostra por primeira vez un novo mecanismo secuencial, no que pequenos péptidos seguen unha ensamblaxe ordenada en diferentes dimensións. Así, nun primeiro momento os péptidos emsámblanse nunha dimensión (1D), dando lugar a tubos nanométricos que, máis tarde, forman láminas en 2D.
A Rede Cultural estrutúrase en catro programas, tres deles para o sector profesional. "Escena ao vivo!", ao que se poderán presentar espectáculos ao vivo de teatro, música, monicreques, maxia,danza e circo; outro para proxeccións audiovisuais, "Visións"; e "Lingua a Escena!" que ten como obxectivo a promoción do galego a través da cultura. A estas tres modalidades súmase na convocatoria o programa "Alicerces", destinado á difusión de espectáculos de compañías e agrupacións non profesionais.
O autor israelita Yuval Noah Harari fíxose coa VI edición do Premio Bento Spinoza pola obra 'De animales a deuses. Breve historia da humanidade'. O ditame do xurado, conformado por alumnado dos IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, Ramón Otero Pedrayo de Ourense, Ánxel Fole de Lugo, Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda e Antón Fraguas de Santiago, deuse a coñecer hoxe nunha rolda de prensa. O premio réndelle tributo ao filósofo neerlandés de orixe sefardí hispano-portugués.
A iniciativa, organizada pola Biblioteca do Concello de Verín en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega, ten como obxectivo ofrecer unha visión real sobre as personaxes que forman parte das obras deste xénero. Para conseguilo, contarán coa presenza de escritores e personaxes reais que aparecen en diversas obras. Así, o día 24 o comisario de policía Enrique León, que inspirou o personaxe do sarxento Castro na serie de televisión 'Fariña', ofrecerá unha conferencia baixo o título 'Do contrabando de tabaco ao tráfico de drogas'.
O European Research Council (ERC, Consello Europeo de Investigación) vén de conceder unha nova axuda Proof of Concept (PoC, 'Proba de Concepto') ao proxecto antiCSC, dirixido polo profesor José Luis Mascareñas, director científico do CiQUS. O apoio da máxima institución comunitaria en materia de investigación servirá para financiar o deseño e desenvolvemento de compostos químicos baseados en metais.
Hoxe comezou oficialmente a segunda edición do concurso escolar Pilabot, unha iniciativa para promover a recollida selectiva de pilas, acumuladores e baterías usadas entre os máis cativos e na que participan un total de 150 centros de primaria e secundaria de toda Galicia. A actividade central desta segunda edición de Pilabot volverá ser o concurso escolar de reciclaxe, de forma que os centros competirán entre si para acadar as mellores cifras de recollida de pilas de Galicia.
O Museo Gaiás da Cidade da Cultura superou no Nadal as 23.000 visitas grazas á mostra 'Galicia, un relato no mundo' –primeira grande exposición internacional para o Xacobeo 21– e ás actividades para público familiar para estas datas, nas que se recreou unha vila máxica elaborada con globos biodegradables, dinamizada con obradoiros de balde e con dous grandes espectáculos: un circense-musical e outro con sete magos internacionais.
A Materioteca de Galicia celebra os seus primeiros meses de traxectoria cun balance positivo e a perspectiva de consolidar e ampliar as súas actividades como instalación de referencia dos materiais innovadores para as empresas e profesionais do deseño galegos. Desde a súa apertura xa son varias as colaboracións entre empresas e profesionais que se teñen propiciado arredor dos materiais innovadores que se expoñen na instalación do CIS Tecnoloxía e Deseño.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (132)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES