Archivo (1 del 2020)

Buscador

Noticias

O vindeiro día 16 de xaneiro abrirase no Museo do Pobo Galego a exposición das dúas series gañadoras e as finalistas do XIV Premio Ksado de fotografía da Deputación da Coruña. A colección "Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real e "Gangborder" de Javier Arcenillas, gañadores do certame, poderanse ver en Santiago até o vindeiro 18 de febreiro nunha itinerancia que visitará dez concellos da Coruña.
Foi inaugurada en Portomarín (Lugo) a mostra itinerante 'O Fin do Camiño', organizada polo Colectivo Egeria coa colaboración de GaliciaDigital. Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz.
O 31 de xaneiro de 2020 cumpriranse 200 anos do nacemento de Concepción Arenal Ponte, licenciada en Dereito, xornalista, escritora e unha das pioneiras do feminismo en España. Co gallo deste aniversario, a USC desenvolverá en 2020 o ano Concepción Arenal a través dunha nutrida axenda de actos. Malia que este é un proxecto colectivo e aberto á participación doutras entidades, a Universidade traballa xa, xunto con estas institucións, no desenvolvemento de diferentes iniciativas.
A Colaboración Científica LIGO, na que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC (IGFAE), e a Colaboración Virgo anunciaron a primeira detección de ondas gravitacionais do terceiro período de observación (O3). A orixe deste evento, denominado GW190425, atópase na fusión dun sistema binario de estrelas de neutróns cunha masa total de ao redor 3,4 masas solares. Os resultados foron presentados no congreso da Sociedade Astronómica Americana en Honolulu, Hawaii.
Francisco Javier Núñez Alonso (Vigo, 1986) é doutor en Economía Aplicada pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Artes Escénicas e Teoría do Espectáculo pola Universidade do País Vasco, mestrado en Economía da Cultura e Xestión Cultural pola Universidade de Valladolid, licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e titulado superior en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
O University Ranking by Academic Performance (URAP) incorpora un ano máis a USC na súa listaxe das institucións de ensino superior do mundo con mellor rendemento académica. Logo de procesar os datos de 3.000 institucións, este ránking puntúa as 2.500 mellores, de entre as que a Universidade de Santiago ascende á posición 456 da clasificación mundial e á posición décimo cuarta de entre as 66 universidades españolas recollidas.
17° Ribeira Sacra Festival confirma que volverá en 2021, un ano moi especial para o festival, que celebra a súa quinta edición, e para o territorio, coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade. 17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público.
Publícase hoxe a convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario "Erasmus+", para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/2020, que conta cun orzamento de 1.517.000 euros. Deste xeito, todos os estudantes galegos que tiveran dereito ás axudas europeas poderán ter acceso tamén ás axudas complementarias autonómicas.
Promover a sustentabilidade ambiental, económica e social dos servizos ecosistémicos mariños en áreas naturais protexidas do territorio español é o principal obxectivo do proxecto Ecoser, liderado polo profesor da USC Sebastián Villasante e no que tamén toman parte as Universidades de Vigo e Almería, e o Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (151)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES