Notas de prensa

17° Ribeira Sacra Festival confirma a súa quinta edición

17° Ribeira Sacra Festival confirma que volverá en 2021, un ano moi especial para o festival, que celebra a súa quinta edición, e para o territorio, coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade. 17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público.

En 2020 o festival foi recoñecido como o “Best Small Festival” de toda España polos Iberian Festival Awards. Un recoñecemento inédito para un proxecto tan novo que reafirma a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional.

A pasada edición de 17° Ribeira Sacra Festival foi, sen dúbida, a máis difícil e especial ata a data, dada a situación sanitaria, e na que se cumpriron todas as expectativas. 17° Ribeira Sacra Festival conseguiu unir grandes propostas musicais e actividades nun evento que, a pesar do seu formato reducido e medidas de seguridade, nunca perdeu a sensación de festival.

En cada un dos seus espazos (adegas, miradoiros, un catamarán con música en directo…) o festival ofrece a oportunidade de vivir a Ribeira Sacra dunha maneira diferente. Experiencias extraordinarias que fan que 17º Ribeira Sacra Festival forme parte de Momentos Alhambra, que nace da paixón da cervexeira pola música e polo descubrimento de creacións auténticas feitas para gozar cos cinco sentidos.

A través das súas diferentes edicións, 17º Ribeira Sacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía, o patrimonio… todos eles embaixadores da mensaxe do festival dentro e fóra das nosas fronteiras.

En 2021, 17º Ribeira Sacra Festival, que volverá a contar co patrocinio de Cervezas Alhambra, celebrará a súa quinta edición do 16 ao 18 de xullo.

17º Ribeira Sacra Festival, 2020-01-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES