
O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da ConsellerÃa de Cultura e Turismo, acordou a contratación do director de escena e actor vigués Fran Núñez para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe a dirección do Centro Dramático Galego (CDG).
Con este acordo, publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), finaliza o procedemento de convocatoria pública iniciado o pasado 31 de agosto. A candidatura de Fran Núñez foi a que obtivo maior puntuación en cada unha das tres fases do proceso, que incluÃron unha valoración dos méritos achegados, dun proxecto artÃstico e unha entrevista persoal. Entre as tarefas asignadas a este posto de persoal directivo están as de exercer a dirección artÃstica do CDG, asà como dirixir, coordinar e planificar o persoal e a actividade do Salón Teatro.
Francisco Javier Núñez Alonso (Vigo, 1986) é doutor en EconomÃa Aplicada pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Artes Escénicas e TeorÃa do Espectáculo pola Universidade do PaÃs Vasco, mestrado en EconomÃa da Cultura e Xestión Cultural pola Universidade de Valladolid, licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e titulado superior en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Fundador das compañÃas Limiar Teatro e Teatro del Hereje, asumiu diferentes roles en proxectos producidos e coproducidos por formacións públicas e privadas de España, Francia, Brasil, Uruguai, Arxentina e Portugal, entre as que destacan Teatro de la Zarzuela, Los Goliardos e Teatro Español (as tres en Madrid), o proxecto internacional itinerante Ship of Fools, Boccaccione (Brasil), Teatro Nacional D. Maria II (Portugal) ou Orquestra Sinfónica de Galicia. Co CDG levou a cabo tres coproducións: Panxeia (2009), Os catro da Xunqueira (2014) e Se fosen turistas, levarÃan gafas de sol (2019).
Como autor, participou no Certame Interplay Europa 2014 de dramaturxia e, como xestor cultural, organizou tres edicións do festival de teatro Ponte nas Ondas, en Gondomar (Pontevedra). Na actualidade viña compaxinando o seu traballo como director artÃstico de Limiar Teatro coa actividade investigadora nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e Valladolid.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.