Archivo (12 del 2018)

Buscador

Noticias

O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a súa listaxe de ferramentas informáticas no CDTIC Virtual coa inclusión de FacturaScripts. Esta nova solución do CDTIC Virtual está deseñada para axudar aos usuarios na planificación de recursos empresariais e na administración da relación cos clientes.
A substitución dos combustibles fósiles por novos combustibles procedentes de fontes renovables constitúe unha vella aspiración que a sociedade actual semella ter transformado nunha necesidade máis ou menos urxente de solucionar, xa por mor de cuestións ambientais, xa pola limitación das reservas dos combustibles fósiles, que teñen unha incidencia directa nas emisións do dióxido de carbono.
Os irmáns animados máis famosos de Galicia, Os Bolechas, emprenden este sábado, 22 de decembro, unha nova viaxe da man do programa Nadal en Rede, no que levarán a súa actividade –que conta coa colaboración de Gadis e mais da Compañía Radio-Televisión de Galicia (CRTVG)– ao Porriño, Viveiro, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo, Ourense, Muros, Ponteareas e Rianxo, ata o día 7.
O Complexo artístico Regal Xunqueira, en Viveiro, acollerá este venres 21 de decembro, ás 20:00 h. unha das presentacións da Axenda Feminista 2019 do Observatorio da Mariña pola Igualdade, dedicada ás artistas visuais galegas. Este ano a axenda tráenos a obra, o discurso e a traxectoria de 12 mulleres do panorama artístico galego contemporáneo.
A pedagoga e ensinante Antía Cal e a escritora Mª Xosé Queizán recibiron o Premio Otero Pedrayo nun acto que se desenvolveu na Biblioteca da Deputación da Coruña e que reuniu representantes das catro deputacións e da Xunta de Galicia, institucións convocantes do premio, ademais doutras entidades. A Deputación da Coruña foi nesta nova edición a organizadora dun premio que ten carácter rotatorio e que por vez primeira recaía en dúas mulleres.
Xa está na Casa de Galicia en Valladolid a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Tras o traxecto desde Las Palmas de Gran Canaria, a exposición xa superou o 16.000 quilómetros percorridos por España e Portugal.
Froito de máis de vinte anos de traballo, o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) presentou este martes na Facultade de Filoloxía o Archivo Digital Valle-Inclán (1888-1936), que contén o fondo documental, bibliográfico, iconográfico e gráfico do escritor, con 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas. En versión trilingüe galego-español-inglés, o Arquivo pode consultarse de maneira libre.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) programa os vindeiros días na Coruña dúas sesións dedicadas a Picadillo, pseudónimo de Manuel María Puga y Parga, popular gastrónomo que fora alcalde da Coruña en 1914 e 1917. A filmoteca galega contribúe deste xeito á celebración do seu centenario coa estrea do documental sobre a súa figura.
O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, estreará tres iniciativas en 2019 con accións divulgativas para reforzar a imaxe dos profesionais vinculados ás TIC, dinámicas de inmersión tecnolóxica e eventos para potenciar o talento en torno ás novas tendencias dixitais. En total o Plan sumará ata 33 actuacións, das cales 12 son lideradas integramente por empresas.
A Deputación de Ourense inaugurou no centro cultural "Marcos Valcárcel" a exposición "Arte privada en Ourense", unha mostra única que reúne por primeira vez obras de destacados artistas europeos dos séculos XVI ao XX, que pon en valor o prestixio do coleccionismo ourensán, a través de importantes figuras do retrato, a paisaxe, o costumismo e a vangarda.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES