Notas de prensa

Hidróxeno, unha alternativa limpa ao petróleo

A substitución dos combustibles fósiles por novos combustibles procedentes de fontes renovables constitúe unha vella aspiración que a sociedade actual semella ter transformado nunha necesidade máis ou menos urxente de solucionar, xa por mor de cuestións ambientais, xa pola limitación das reservas dos combustibles fósiles, que teñen unha incidencia directa nas emisións do dióxido de carbono.

De feito, o CO₂ resultante dos procesos de combustión dos combustibles fósiles derivados do petróleo é o gas cunha maior responsabilidade no denominado efecto invernadoiro que provoca o proceso de cambio climático ao que estamos a someter o planeta Terra.

As potencialidades que depara o hidróxeno neste novo escenario, unha liña de investigación na que traballa o grupo de investigación Química Bioinorgánica e Supramolecular (Suprabioin) da USC, coordinado polo profesor na Facultade de Ciencias do campus de Lugo Marcelino Maneiro Maneiro, son múltiples e moi acaídas neste novo escenario de enerxías limpas.

As vantaxes medioambientais que depararía o uso de hidróxeno como combustible alternativo aos derivados do petróleo centrou parte do debate e das presentacións realizadas no marco dunha conferencia científica internacional promovida pola Rede MetalBIO e o Laboratorio Internacional Ibérico de Nanotecnoloxía baixo o título Solar Fuel Production, un evento que congregou en Braga investigadores, entre eles referentes internacionais nos ámbitos da Física, Química e mesmo de áreas de Enxeñaría, procedentes de dez países europeos.

Estruturado en 20 comunicacións ou presentación científicas, o evento científico celebrado en Braga permitiu abordar e debater sobre os retos e beneficios do uso de hidróxeno como combustible alternativo ao petróleo. Unha das principais vantaxes que ofrece o hidróxeno vén dada polo feito de que súa combustión non libera dióxido de carbono, senón que produce auga , un refugallo limpo apto para volver ser empregado para a obtención de hidróxeno, sinalou Maneiro.

O tamén coordinador da Rede MetalBIO salientou asemade que o hidróxeno constitúe un combustible cunha alta densidade enerxética, un parámetro que o fai axeitado para as esixencias de múltiples procesos enerxéticos comúns na nosa sociedade. Esta alta densidade enerxética, engade este investigador do campus de Lugo da USC, posibilitaría por exemplo, que o proceso de abastecerse de combustible de hidróxeno resulte moito máis rápido que no caso da recarga nas tecnoloxías baseadas en baterías eléctricas. à maior celeridade nos procesos de abastecemento cómpre engadir tamén o uso do hidróxeno como combustible favorecería o aproveitamento de boa parte das actuais infraestruturas de que dispoñen as industrias petroleiras.

O aproveitamento do hidróxeno como combustible limpo e alternativo aos do petróleo é unha das liñas de investigación seguidas desde hai anos polo grupo Suprabioin, con sede na Facultade de Ciencias do campus de Lugo e socio promotor da Rede MetalBIO. De feito, este colectivo conta xa con certa tradición de traballo no ámbito da denominada fotosíntese artificial, co obxectivo de desenvolver sistemas eficientes na conversión da enerxía solar en enerxía química, sendo o hidróxeno unha das opcións máis axeitadas como alternativa de combustible obtido a partir de fontes renovables.

Os materiais empregados por este grupo de investigación para o desenvolvemento dos catalizadores son na súa maioría derivados do manganeso, unha elección que obedece, segundo relatou o profesor Maneiro Maneiro a que estamos diante un elemento que, ademais de presentar as propiedades e características axeitadas para este cometido, é tamén accesible na corteza terrestre. Non se trata dun recurso escaso ou difícil de atopar, engadiu, o que, a priori, non implicaría alzas nos custes e nos prezos dos catalizadores ou dispositivos tecnolóxicos de conversión de enerxía.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES