
Tamén está previsa a proxección doutros tÃtulos relacionados coa cociña e os cociñeiros galegos. AsÃ, mañá martes ás 20,30 h terá lugar a presentación de Picadillo: o peso da cociña galega, pelÃcula con guión e dirección de Breogán Riveiro e produción executiva de Andrés Barbé para Televisión de Galicia, que contou cunha subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a súa realización.
O documental debulla a vida de Picadillo través da súa lendaria bonhomÃa, de anécdotas vitais (o protagonista foi autor de numerosos libros de gastronomÃa, colaborador xornalÃstico, polÃtico...) e de receitas, o que permite tamén unha achega ao panorama culinario galego da actualidade. A través del coñeceremos aos Picadillo da actualidade (Pepe Solla, LucÃa Freitas, Javier Olleros...), pero tamén a Emilia Pardo Bazán e a Ãlvaro Cunqueiro; asà como a expertos en gastronomÃa e a festas populares. O filme, con interpretacións a cargo de Tacho González e Irene Riveiro, defende que o presente e o futuro da cociña galega constrúese en base a un pasado, polo que o obxectivo do documental é ver a historia en perspectiva.
A homenaxe completarase o mércores 18 con outras proxeccións de temática gastronómica. Ãs 18,00 h. pasaranse catro pezas en vÃdeo do arquivo do CGAI: Betanzos (fondo Foto Blanco, c.1950), un fragmento de La Coruña al dÃa (Armando Hermida Luaces, 1959), Lúpulo (Marqués de Villa-Alcázar, 1951) e Lúpulo y cerveza (NO-DO, 1957), que tratan o cultivo desta herbácea promovido pola entón Sociedad de Fomento de Lúpulo na comarca de Betanzos para dedicalo á industria cervexeira da época.
E como remate, a partir das 20,30 h. o CGAI reporá Cociñando na fin do mundo, a longametraxe documental sobre os cociñeiros integrantes do Grupo Nove, dirixida en 2015 por Alberto Baamonde Bello con guión de Alexandre Cancelo. Producida por EsmerArte, o proxecto, que fora tamén apoiado pola Agadic, estreouse no 63º Festival de San Sebastián, exhibiuse nas pantallas de catro continentes e acadou o Premio Ãlvaro Cunqueiro de Periodismo Gastronómico.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.