
Estas artistas son Ana Gesto (perfomer e artista visual), Peque Varela (animadora audiovisual e publicitaria), Alicia Puchades (mestra de arte e grabadora), Iria Ribadomar (pintora e debuxante) Andrea Costas (mestra de deseño e imaxe, fotografía, vídeo e performace), Xulia Vicente (ilustradora de banda deseñada), Renata Otero (profesora de arte, artista multidisciplinar e coach), Xoana Almar (pintora, ilustradora e muralista), Carmen P.G. Granxeiro (creativa visual,audiovisual, ilustración, deseño gráfco e fotográfco), Mónica Alonso (artista e investigadora), Uqui Permui (Deseñadora gráfca) Carme Nogueira (investigadora e artista multidisciplinar).
Na capa aparecen 12 obras, unha de cada unha das artista participantes e no seu interior, as efemérides, están dedicadas exclusivamente á historia da arte feminista e da arte feita por mulleres.
A axenda pódese adquirir en 16 puntos de venda en toda Galiza, a un prezo de 14: Libraría de Mulleres Lila de Lilith (Santiago de Compostela), Livraría Suevia (A Coruña), Libraría Moito Conto (A Coruña), Libraría Cartafol (Arzúa), Punto e Coma (Carballo), Libraría Trama (Lugo), Bico de Grao (Lugo), Libraría Bahía (Foz), Libraría Nobel (Burela), Libraría Porta da Vila (Viveiro), Casa das Letras (Ribadeo), Ecoespazo Vitriol (Sarria), Aira das Letras (Allariz), Punto e Coma (Ourense), Libraría Paz (Pontevedra), Libraría Andel (Vigo).
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.