Archivo (2 del 2017)

Buscador

Noticias

Trátase dunha convocatoria bienal que recoñece as políticas e medidas que as autoridades locais ou rexionais teñen adoptado para protexer, xestionar e planificar as súas paisaxes. O catálogo foi elixido por un xurado integrado por un responsable da paisaxe dos Ministerios de Educación, Cultura y Deporte e de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e 3 expertos.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, recolleu na localidade madrileña de Alcalá de Henares o galardón á mellor Compra Pública Innovadora que a Secretaría de Estado de I+D+i concedeu á Axencia Galega de Innovación polo proxecto do polo de avións non tripulados de Rozas, destacando que se trata dunha iniciativa pioneira.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria asistiu en Santiago de Compostela á entrega dos galardóns LaconNetwork, onde afirmou que todos os finalistas representan a excelencia á que aspira a comunidade galega que conta con máis de 2.300 empresas relacionadas co sector TIC, que representa o 1,8% do PIB galego e xera máis de 15.000 empregos.
A Xunta recorda a necesidade de seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org ante o temporal de chuvia e vento. Por provincias, a que rexistrou máis incidencias foi A Coruña con 182, seguida de Pontevedra con 112, Lugo con 63 e Ourense con 47 incidencias. A Xunta traballa para arranxar o antes posible os problemas causados polo temporal nas estradas galegas.
O alcalde presentou Compostela é Música, un proxecto impulsado pola sección local da asociación Músicos ao Vivo e que conta co apoio do Concello de Santiago. A plataforma online pretende cartografar a escena musical da capital galega. Tamén se busca que "fagan piña na cidade e que teñan máis oportunidades para mostrar o seu talento".
Films from Galicia e Shorts from Galicia contan con novos catálogos e vídeos promocionais para a difusión exterior da produción galega de cinema e televisión, que inclúe títulos en distribución, produción ou en proxecto, en misións comerciais nas principais citas do sector en Alemaña, Arxentina e Francia.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (151)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES