Buscador
Noticias
As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia.
O programa Noite na Domus, unha actividade complementaria do ciclo Músicas a carón da Mosqueira e a través do que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, comeza o xoves 2 de marzo, a partir das 20.45 horas. O obxectivo desta iniciativa é afondar no coñecemento da historia a través dunha viaxe musicada pola xacemento.
A directora de Turismo de Galicia destaca a aposta da Administración autonómica por poñer en valor o patrimonio botánico a través da Ruta da Camelia que xa é todo un referente internacional. O Comité da Ruta da Camelia será un paso definitivo para profesionalizar os xardíns.
Os peiraos autonómicos moveron 121.500 toneladas de mercadorías en xaneiro e as dársenas con maior actividade foron Ribadeo, Cee e Cariño. Según as cifras do Goberno galego, nos peiraos dependentes da Xunta descargáronse ata o 31 de xaneiro preto de 7.000 toneladas de peixe, un 11% máis que no mesmo período de 2016.
As composicións son textos de Cantares gallegos musicados por 2naFronteira e poemas adicados por outros autores a Rosalía, como Otero Pedrayo ou mesmo García Lorca. Levan anos versionando poemas que dalgunha maneira representan a Rosalía de Castro, como o concerto no Parlamento de Galicia ou na casa da poetisa.
O grupo de traballo constituído con representantes das facultades de Ciencias da Educación das tres universidades galegas analiza as competencias profesionais docentes en Galicia e reflexiona sobre as que os estudantes de Maxisterio deberían adquirir na carreira e o protocolo das prácticas de grao e máster no ámbito educativo.
Se presentaron estas piezas audiovisuales, basadas en la obra del mismo nombre de Pedro de Llano. Anxo Lorenzo destacó la labor llevada a cabo por el autor del libro y por el ilustre etnógrafo Xocas, gracias al que tenemos hoy una documentación y narración exhaustiva de como fueron a lo largo del tiempo nuestras edificaciones.
A xestión ordenada das migracións xa foi recollida como obxectivo polo ditame de Galicia aprobado o pasado día 9 de febreiro no Comité das Rexións. Según o director xeral de Relacións Exteriores, o Brexit supoñerá un desafío aínda maior para a situación migratoria do continente. Galicia participa no Buró do Comité Europeo das Rexións que se reúne en Malta.
A Xunta destaca o papel da Festa da Arribada como referente turístico internacional durante a presentación da edición de 2017 diante do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Os días 3, 4 e 5 de marzoagárdase a participación de máis de 200.000 persoas, e destácase a celebración da Regata do Descubrimento.
Cultura edita na colección Cardenos Ramón Piñeiro o novo volume Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo, que se presenta o mércores 22 de febreiro na biblioteca do CGAC. O caricaturista ferrolán analiza o libro O Quixote desde unha perspectiva inédita nos estudos desta obra, que considera fundacional dunha nova forma de humor na literatura universal.