Notas de prensa

7 carrozas, 15 comparsas e 9 grupos participarán no desfile de Entroido de Compostela

As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia.

Centos de persoas participan no desfile do martes de Entroido, a cita máis importante do Carnaval de Santiago de Compostela. A súa saída está prevista para as 17:30 horas, dende a estación do ferrocarril, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Alí, a partir das 21:00 horas, celebrarase a entrega de premios, que se manteñen nas contías do ano pasado. Así, haberá galardóns nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella, disfrace individual, e premios especiais para a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios do Concello de Santiago. En total repartiranse 16.000 euros en premios.

No desfile do martes de Entroido participarán sete carrozas, 15 comparsas e nove grupos. Tamén se inscribiron para o concurso catro parellas e once disfraces individuais. As cifras de participación son similares aos de anos anteriores, coa novidade de que este ano se inscribiron comparsas máis numerosas, de ata 65 membros. Como é habitual, a súa procedencia vai moito máis alá de Compostela, e participarán no desfile carrozas e comparsas procedentes de lugares como Portonovo, Tomiño ou a localidade asturiana de Tapia de Casariego.

Este ano vanse repartir 16.000 euros en premios, nas categorías de carrozas, comparsas, grupos, parella e disfrace individual. Tamén haberá premios especiais para a mellor comparsa procedente dos barrios e parroquias de Santiago.

O percorrido do desfile do martes de Entroido será o mesmo de anos anteriores. Os participantes empezan a concentrarse ás 16:30 horas na Estación de Ferrocarril. Dende alí, discorrerá polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I. Nestas rúas estará prohibido o estacionamento entre as 14:00 horas e o remate do desfile.

Así mesmo, produciranse cortes intermitentes de tráfico nas mesmas rúas, polo que se recomenda na medida do posible evitar circular pola zona do Ensanche.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES