Buscador
Noticias
O Salón Teatro de Compostela ofrece unha función da versión de Os vellos non deben de namorarse recuperada por Teatro do Morcego o venres, 11 de marzo, ás 20:30 h. A obra regresa aos escearios galegos dez anos despois da súa estrea. Esta farsa en tres lances conta a historia de amor de tres vellos.
A Consellería de Cultura e Turismo solicitou en numerosas ocasións dende comezos do Ano Santo á Dirección General de Loterías y Apuestas del Estado a colaboración co Xacobeo 2010, pero este organismo só puxo obstáculos e falta de interese.
A Consellería lembra, na xuntanza do Consello Galego de Universidades, que as tres universidades galegas mostraron o seu acordo en acadar a racionalización na oferta destas titulacións para axustala á demanda real.
Nas probas participaron 90 candidatos e candidatas das máis de 200 solicitudes recibidas. O tribunal estivo presidido por Quico Cadaval, director escénico da nova produción da compañía pública.
Os cursos terán modalidades presencial e online e desenvolveranse nas 94 aulas que integran a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia. O plan polo fomento das novas tecnoloxías en 2011 recolle unha ampla oferta de cursos.
A Xunta modificará na madrugada do domingo 6 ao luns 7 de marzo máis de 200 sinais nas autoestradas e autovías galegas para cambiar o límite de velocidade de 120 a 110 km/h. Os traballos estarán convenientemente sinalizados e non será necesario realizar restricións de tráfico.
Ata o 31 de marzo a Casa de Galicia en Madrid amosa a obra do escultor Santiago de Santiago titulada Panorámica no tempo: unha escolma da súa dilatada traxectoria artística a través dunhas 30 pezas de variados temas como os bustos da Raíña Sofía e Don Juan.
Solidaridad Internacional Galicia dio a conocer el proyecto Cambio Climático que, a través del cómic, pretende alertar y sensibilizar sobre esta problemática. La obra, de Carlos Portela y Kiko da Silva, reafirma el papel comunicativo del cómic.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística porá en marcha este ano os primeiros cursos en liña dirixidos á formación en galego dos traballadores e traballadoras da Administración. Os cursos, preparatorios para os exames do nivel Celga 1, realízanse desde o 4 de abril ata o 15 de xuño, según a Xunta. O prazo de inscrición remata o 20 de marzo.