
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar os cursos en liña para preparar as probas de Certificación de lingua galega no nivel Celga 1. Trátase dun total de tres cursos con 50 prazas cada un que se realizarán durante 10 semanas, desde o 4 de abril ata o 15 de xuño.
O prazo de inscrición para os cursos, que son voluntarios e gratuítos, está aberto ata o día 20 de marzo. Os interesados en matricularse deberán enviar unha mensaxe electrónica ao enderezo sxpl.formacion@xunta.es, na que figuren o seu nome e apelidos, o DNI, o enderezo electrónico e teléfono de contacto, o lugar de residencia e o nivel de estudos.
A selección realizarase por rigorosa orde de matrícula e ata cubrir as 150 persoas que se admitirán nos cursos.
Estes tres cursos en liña insírense no marco da oferta de formación en lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística para o 2011, na que se inclúen 140 cursos preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que se realizarán entre os meses de marzo, abril e maio.
Os primeiros cursos en liña para os traballadores das distintas administracións
Ademais dos cursos Celga, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto realizar en 2011 máis de 50 cursos para a formación específica en galego dos profesionais aos servizo das distintas administracións. Entre eles atópanse os primeiros cursos en liña que a Xunta de Galicia ofrece para os empregados públicos: 13 para a Administración autonómica, 5 para a Administración local e 4 para a Administración de xustiza.
A formación en liña constitúe unha aposta decidida do departamento que dirixe Anxo Lorenzo xa que, por unha banda, lle dá máis facilidades á poboación adulta que quere mellorar a súa competencia en galego e, por outra, aplica as vantaxes das tecnoloxías da información e da comunicación á aprendizaxe do idioma.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.