
Unha vez que o Estado aprobe e publique a modificación do regulamento xeral de circulación, a Xunta de Galicia procederá a cambiar na madrugada do vindeiro domingo, 6 de marzo, ao luns a sinalización de cambio de velocidade (de 120 km/h a 110 km/h) nun total de 211 sinais circulares, que se atopan instaladas nos 223 quilómetros de autovías e autoestradas autonómicas.
Operarios de conservación de estradas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como das concesionarias de vías de alta capacidade de titularidade autonómica, serán os encargados de realizar estes traballos.
Esta operación comezará o domingo, 6 de febreiro ás 00,00 na Autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), na autovía Santiago-Ourense (AG-53), na autovía do Salnés (AG-41), na autovía Santiago-Brión (AG-56), na autoestrada Coruña-Carballo (AG-55), na do Val Miñor (AG-57) e na autovía Santiago-Cacheiras (AG-59).
O cambio da sinalización consistirá en instalar un adhesivo circular, que deberá ter o mesmo nivel de retrorrefelexión que a sinal sobre a cal se sitúa, para manter o mesmo criterio que o Ministerio de Fomento nas autovías e autoestradas da súa titularidade.
A pesar de que a zona dos traballos estará debidamente sinalizada, a Consellería de Medio Ambiente pide aos usuarios destas vías prudencia, xa que os operarios dos servizos de conservación de estradas e das empresas concesionarias estarán a traballar ao longo da noite. Tamén se trasladan as desculpas polas molestias que poidan ocasionar o desenvolvemento destes traballos e recórdase que non será necesario realizar restricións e nin desvíos do tráfico.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.