Actualidad de Turismo

Noticias turismo

Hoxe abren a metade de albergues da Rede pública con tódalas medidas de prevención ante a covid-19, dos que 5 deles se atopan no Camiño Francés. Trátase dos do Cebreiro, Casa Fonte de Lusío (Samos), Ferreiros (Paradela), o de Portomarín, e Mato Casanova (Palas de Rei). O límite de ocupación nas zonas comúns será do 50%, pero nas habitacións redúcese aos 30%, salvo para grupos burbulla acreditados. As camas disporanse cunha distancia mínima de 1,5 metros, aínda que se aconsellan os 2 metros se é posible.
A Xunta de Galicia e o Goberno central veñen de acordar conxuntamente o aprazamento estratéxico do último paso na presentación da candidatura do paisaxe cultural da Ribeira Sacra ao Comité do Patrimonio Mundial. Trátase dunha decisión conxunta e consensuada que permitirá fornecer aínda máis candidatura atendendo ás avaliacións e os informes de Icomos, organismo asesor da Unesco no trámite de avaliación das candidaturas. Así o anunciaron hoxe o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o embaixador de España ante a Unesco, Juan Andrés Perelló, tras unha reunión mantida en París.
A demanda turística en Galicia neste primeiro cuadrimestre do ano tivo unha mellor evolución que a media nacional e o descenso é 34 puntos inferior ao rexistrado no conxunto estatal. Así o reflicten os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que recollen que mentres que a caída da demanda a nivel nacional foi do 71% no período de xaneiro a abril de 2021 en Galicia foi do 37% respecto do mesmo período de 2020. Neste contexto Galicia sitúase como a terceira comunidade autónoma con mellor recuperación da súa demanda turística no que vai de ano, só por detrás de Navarra e Castela a Mancha.
Galicia tivo unha presencia destacada na Noite Q 2021, a gran gala do turismo impulsada polo Instituto para a Calidade Turística de España e que se celebrou onte no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid. Durante o acto, presidido pola ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, fíxose entrega das distincións ás entidades e empresas que renovaron este ano a súa certificación de calidade. Con 298 distincións, Galicia volve revalidar este ano a súa segunda posición no ranking global de destinos turísticos de calidade, só por detrás de Andalucía.
O stand de Galicia rexistra o maior número de actividades en Fitur e esperta o interese dos operadores presentes na feira, xa que no expositor da Xunta celebráronse preto dun centenar de reunións profesionais e contactos con operadores de todo o mundo. Nos tres días nos que se desenvolveron as actividades para profesionais, previos á apertura para o público, a oferta turística de Galicia espertou a curiosidade e o interese de boa parte das axencias e operadores turísticos que buscan destinos axeitados para un tipo de cliente que prioriza a seguridade e a tranquilidade trala crise sanitaria. A oferta galega espertou sobre todo o interese de operadores de países europeos e americanos, pero tamén de Rusia ou China.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que Galicia “xa está preparada” para ser protagonista no Xacobeo 21-22 dun destino seguro e de calidade. “Estamos listos xa para recibir cos brazos abertos a toda a xente que queira chegar ao córner de Europa: cunha Catedral de Santiago reinaugurada, cun Pórtico da Gloria que recobrou o seu esplendor, cunha revitalización do Monte do Gozo e co acondicionamento das infraestruturas de acceso á capital e dos miles de quilómetros que vertebran o Camiño”, asegurou, durante a presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2021: Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia.
As praias galegas obtiveron este ano un total de 111 bandeiras azuis e, ademais, a Comunidade sitúase á cabeza de todo o Estado en número de sendeiros azuis, con 20. Así, Galicia sitúase entre as autonomías máis galardoadas pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), cun global de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis. Con 111 bandeiras para as súas praias, catro máis que o ano anterior, a Comunidade acapara preto do 20% das outorgadas en toda España.
A candidatura da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel a Reserva da Biosfera encara a recta final cara á súa proclamación oficial por parte da Unesco este mesmo ano. Así o indicou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou xunto ao delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o miradoiro do Cabo do Mundo, no concello lucense do Saviñao, desde onde se pode ver unha das mellores panorámicas desta zona. Este foi o lugar escollido para facer balance do traballo liderado pola Xunta nos dous últimos anos ata chegar ao momento actual, pendente tan só do pronunciamento do Comité Internacional de Coordinación do programa MaB (Man and Biosphere).
A inclusión do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas na Lista Ramsar converterá a Galicia na terceira comunidade española cun maior número de humidais distinguidos con este recoñecemento de carácter internacional, concretamente seis. Así o subliñou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen visitou o arquipélago de Cíes acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Tras lembrar que a candidatura do Parque Nacional para entrar na listaxe de humidais de importancia internacional foi ratificada a semana pasada polo Consello de Ministros, a conselleira explicou que, con esta decisión, só Andalucía e Valencia superan a Galicia no ranking estatal de zonas Ramsar, no que ocupa o terceiro posto xunto ao País Vasco.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia entra na Lista Ramsar, a Listaxe de humidais de importancia internacional. A Xunta de Galicia, polo tanto, celebra que a súa proposta de inclusión acabe de ser ratificada esta mañá por parte do Consello de Ministros na súa reunión semanal. O Parque Nacional cumpre con varios criterios que se fixan para a identificación deste espazo como humidal de importancia internacional, como é o feito de ser un exemplo representativo, raro e único, grazas á extensa rede de furnas mariñas que se localizan nas illas Cíes e Ons.
« Anterior | 12  de  28 | Siguiente »

Notas turismo

      


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES