
Deste xeito o explicou a conselleira, quen indicou que aínda que o acto de proclamación estaba previsto inicialmente para xuño en Nixeria, o comité español do MaB acaba de notificar que a reunión se pospón, como mínimo, ata o final do verán.
Fondos para as reservas da biosfera
Precisamente esta foi unha das cuestións que se abordou o pasado venres na reunión extraordinaria do Comité español do programa MaB, celebrada telematicamente e na que participou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.
Segundo explicou a conselleira, nesta xuntanza tratouse tamén a proposta de criterios para a territorialización por comunidades das partidas asignadas para as reservas da biosfera de todo o país con cargo aos fondos europeos de recuperación económica.
Non obstante, a futura Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel non figuraba incluída no devandito reparto, que se restrinxía tan só ás 52 reservas declaradas en España a día de hoxe, unha omisión ante a que a Xunta amosou o seu malestar e solicitou unha rectificación por parte do Goberno.
Neste sentido, a conselleira agradeceu que a proposta feita e defendida polo Executivo galego na reunión do comité español do MaB fose finalmente apoiada por unanimidade, o que garante que e Galicia recibirá no período 2021-2023 uns fondos axeitados e acorde á dimensión de todas as súas reservas da biosfera.
De feito, subliñou que a próxima proclamación da que será a sétima Reserva da Biosfera da Comunidade suporá unha boa nova para a Ribeira Sacra e tamén para toda Galicia. Así, lembrou que coa súa incorporación, a superficie catalogada con este recoñecemento internacional incrementarase ata chegar case ao 35% de todo o territorio galego; pero tamén suporá que o 42% de Galicia quede amparado baixo algunha figura de protección, afianzando o recoñecemento á riqueza do noso patrimonio natural en todo o mundo.
Obxectivo: conseguir a tripla coroa da Unesco
Ángeles Vázquez incidiu en que será un recoñecemento clave para este territorio, que se estende por 18 municipios da provincia de Lugo e 5 da de Ourense, unidos polo seu alto valor paisaxístico e cultural en común e a súa aposta decidida por un desenvolvemento sustentable. Ademais, lembrou que permitirá subir outro chanzo para seguir avanzando cara ao ambicioso obxectivo que se fixou a Xunta: conseguir a tripla coroa da Unesco para a Ribeira Sacra.
Neste sentido, cómpre lembrar que desde abril do ano 2019 este territorio ostenta o título de Xeoparque Montañas do Courel o único deste tipo que hai na Comunidade e que, de forma paralela aos traballos desenvolvidos para impulsar a súa candidatura a Reserva da Biosfera, a Consellería de Cultura lidera tamén unha proposta para que sexa recoñecido pola Unesco como Patrimonio Mundial.
Por iso, a conselleira indicou que o compromiso da Xunta coa posta en valor da Ribeira Sacra é indiscutible, tanto polo traballo que se está a realizar para que obteña o máximo recoñecemento internacional como polos investimentos e o apoio expreso do seu departamento a este territorio. En concreto, referiuse á posta en marcha en 2019 do Plan de Acción Estratéxico para a Ribeira Sacra, que contempla ata 10 actuacións ambientais e de ordenación do medio físico nesta zona, cun orzamento de 3,5 millóns de euros e que beneficiará a unha trintena de concellos.
Entre os últimos avances e os principais fitos acadados no marco deste plan, Ángeles Vázquez subliñou o Pacto pola paisaxe, asinado a finais de 2020 e do que moi pronto se poderá presentar o documento definitivo; o Plan de acción da paisaxe, actualmente en fase de información pública; ou a ARI supramunicipal da Ribeira Sacra, declarada o ano pasado e na que se abriu a finais de marzo unha nova convocatoria de axudas para rehabilitar vivendas, aínda en prazo para a presentación de solicitudes aínda aberto.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de líderes nativos das primeiras nacións americanas.