Actualidad de Tecnología

Noticias tecnologia

      
« Anterior | 64  de  64 | Siguiente »

Notas tecnologia

O impacto da obesidade en eventos trombóticos é o escenario do novo traballo do Centro de Investigación en Medicina Molecular y Enfermedades Crónicas da USC (CiMUS). O grupo Proteómica de Plaquetas do CiMUS-IDIS, liderado por Ángel García Alonso, en colaboración co de Obesidómica do IDIS- CIBEROBN, dirixido por María Pardo, e o Servizo de Endocrinoloxía do CHUS, acaba de publicar un estudo sobre a reactividade plaquetaria en pacientes obesos que conduce ao descubrimento de vías de activación alteradas nas plaquetas sanguíneas e que incrementan o risco de aterotrombose.
Nove socios de seis países europeos, entre os que se atopa o grupo BioNanoTools do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), unirán esforzos para desenvolver novas vías de traballo fronte o cancro. Baixo a denominación REAP, este proxecto pretende desenvolver un sistema de imaxe multimodal para detectar células que xeran resistencia ao tratamento contra o cancro.
As redes móbiles de quinta xeración van moito máis aló dunha evolución da tecnoloxía actual e o Goberno galego vén traballando desde 2018 no obxectivo de posicionar á Comunidade como territorio preferente na extensión das redes 5G. Así o destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, na clausura do webinario, 5G, unha revolución en marcha, organizado por APD en colaboración con Vodafone.
Un equipo da da USC desenvolveu unha aplicación online froito dun traballo de investigación académica que agora se pon a disposición dos centros escolares de maneira voluntaria. A finalidade desta ferramenta será seguir mellorando o confort térmico nas aulas a través de pautas de ventilación adecuadas que optimizan o tempo necesario de renovación do aire.
O director do grupo de Medicina Xenómica do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), Ángel Carracedo, coordinará dende Santiago o programa de Medicina Xenómica, un dos tres financiados na Infraestrutura de Medicina de Precisión asociada á Ciencia e Tecnoloxía (IMPaCT) da Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020 do ISCIII.
O 93,4% dos concellos galegos que contan con sede electrónica. Este dato supón un crecemento superior ao 23% respecto á edición anterior desta enquisa. Así se desprende dos resultados do informe bianual “A Administración electrónica nos concellos galegos”, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que recolle datos de 2019.
O persoal docente e investigador e o alumnado de doutoramento da USC poderán escribir na plataforma divulgativa ‘The Conversation’ España (TCES) sobre asuntos relacionados co seu campo de especialización. O acordo selado entre ambas as dúas institucións permitirá o acceso á principal canle mundial de difusión do coñecemento que emana das universidades.
É o primeiro clúster de medio ambiente en Galicia nun sector cunha cifra de negocio de aproximadamente dous mil millóns de euros e en cuxo despegue participan 55 empresas e entidades. Viratec busca ser un referente no desenvolvemento e implementación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, para incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e competitividade das empresas galegas do sector.
Do 18 ó 22 de novembro tivo lugar a Maker Faire Galicia, desta volta nun formato 100% online e dentro dun Museo Gaiás virtual. Os participantes no evento puxeron en valor o innovador plantexamento da organización e a calidade dos contidos que se ofreceron nesta edición. Desde a organización consideran moi relevante o gran salto internacional desta edición, xa que a metade dos visitantes procederon de latinoamérica.
Esta semana GIRL STEM conversa con dúas expertas no campo dos videoxogos e deportes electrónicos: Dhaunae de Vir, desenvolvedora de negocio transmedia, e Gisela Vaquero, deseñadora e guionista de videoxogos. As dúas forman parte do movemento Women in games, que axuda, promove e dá visibilidade ás mulleres desenvolvedoras e xogadoras de videoxogos, tanto estudantes, afeccionadas coma profesionais.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES