//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 317, deles 73 son da área da Coruña, 64 da de Lugo, 18 da de Ourense, 6 da de Pontevedra, 122 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 10 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 313 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.649 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 188.328. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 313, deles 70 son da área da Coruña, 52 da de Lugo, 20 da de Ourense, 10 da de Pontevedra, 128 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 10 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 3 están en unidades de hospitalización e 310 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.633 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 185.374. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 314, deles 70 son da área da Coruña, 49 da de Lugo, 21 da de Ourense, 10 da de Pontevedra, 129 da área de Vigo, 24 da de Santiago, e 11 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 310 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.623 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 182.174.
De acordo con este Plan, que pretende contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da independencia económica co obxectivo de lograr unha integración plena na vida económica e social, 38 entidades locais galegas contratarán a 68 mulleres que sufriran violencia de xénero. Trátase dun programa pioneiro que se puxo en marcha o pasado ano por primeira vez en Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
As contratacións deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social.
As persoas que queiran solicitar o voto por correo poden solicitalo persoalmente nas oficinas de Correos. Ademais, habilitouse tamén a posibilidade de solicitalo vía telemática, a través da web de Correos, e mediante o uso dun certificado electrónico. O procedemento é totalmente gratuíto.
Logo de solicitalo, a Oficina do Censo Electoral enviará aos electores, antes do 5 de xullo, a documentación necesaria para poder votar.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe a aprobación, no Consello da Xunta, do Plan de Saúde Mental de Galicia Poscovid-19 que, cun orzamento de 83 millóns de euros e 241 novas prazas sanitarias, estará orientado a incrementar o número de profesionais e dispositivos asistenciais, desenvolver programas para a recuperación das persoas con trastorno mental severo e fomentar a investigación nestas patoloxías, concretados en 98 proxectos.
É o maior plan de saúde mental que se fixo desde a transferencia do Servizo Galego de Saúde, cun potente impacto no que se refire a recursos humanos, salientou.
A Consellería de Sanidade informa que a Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas detectaron a aparición dun brote de coronavirus na comarca de A Mariña. En concreto, ata o momento, detectáronse 8 casos positivos en coronavirus no concello de Xove. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso.
Trátase dun brote familiar de infección por Covid-19 que se detectou en Xove. A partir da confirmación,fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada. Ata o momento, mediante as probas realizadas,confírmase a existencia de 8 positivos en Covid-19 (incluido o caso inicial), 4 negativos e 25 máis pendentes de resultado.
Os Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo celebran o Día de San Xoán con sardiñadas, churrascadas e actividades propias desta festividade.
Os usuarios e usuarias das residencias de Ribadeo, Trabada, A Fonsagrada e Pol pasarán este día xuntos dunha maneira diferente e divertida, e xantan e merendan pratos típicos desta festividade.
Nos últimos días recolleron flores para realizar o tradicional ritual de boa sorte deste día .
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ven de presentar a actualización do Plan de Detección, Control e Vixilancia ante posibles brotes do coronavirus, logo da reunión celebrada pola Comisión de xestión da crise sanitaria.
O plan é froito do traballo do grupo de expertos, e ten como obxectivos definir o marco de actuación para a toma de decisións, así como establecer as medidas en materia de vixilancia, prevención e control dos casos que xurdan.
Tal e como destacou o conselleiro, o control dos casos faise dende a Central de seguimento de contactos. A entrada de casos á central realízase dente atención primaria, así como dende o 061 ou dende o novo teléfono posto en marcha pola Xunta de Galicia 881 00 20 21, para atención ás persoas que visiten a nosa Comunidade Autónoma.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou nunha nova reunión do comité clínico de espertos sanitarios na que se estudou a actualización do Plan de Control e Vixilancia contra brotes, toda vez que o pasado domingo decaeu o estado de alarma que limitaba a libre circulación e se abriu a mobilidade nacional e a mobilidade cos países do espazo Schengen.
A mostra, que permanece na Biblioteca durante todo o mes de febreiro, recolle instantáneas e textos de 16 fotógrafos e 31 escritores que ofrecen a súa visión sobre o labor de Aspnais. Na inauguración, o escritor Otero Canto leu un poema en representación dos autores.
O grupo de investigación Stellae lidera unha nova empresa de desenvolvemento e análise de medio educativos a través da constitución da spin-off DIMElab. Parte da experiencia do grupo ao longo de máis de 20 anos de experiencia en formación e desenvolvemento profesional, organización educativa, inclusión socioeducativa, materiais didácticos e tecnoloxía educativa.
Haberá 12 países representados destacando a presenza de Portugal como convidado. Conta con 15 restaurantes que ofrecen 20 menús con prezos entre os 14 e os 30 euros. Entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro, no Salón Internacional de Turismo Gastronómico reúne a cociñeiros mediáticos como o semifinalista de Masterchef 5, Nathan.
A Deputación Provincial impulsa con 350.000 euros a promoción de Lugo como cidade universitaria e a progresiva internacionalización do Campus Terra da USC, así como a captación de novo alumnado a través da habilitación dun plan de bolsas orientado a cubrir gastos de matrícula, a oferta de posgraos oficiais, a docencia semipresencial a través da unidade e-Terra, a divulgación científica ou prácticas de campo.
Pablo Núñez González resultou gañador do primeiro premio do XLII Certame xornalístico Begonte e o Nadal polo traballo titulado "Volver a nacer. La sombra del facedor", publicado en Galicia Digital. O xurado tamén acordou conceder tres mencións de honra.
A directora de Turismo presentou a experiencia "Descubre o teu propio Camiño", que facilita a peregrinación a través do emprego de handbikes eléctricas e híbridas e se suma ás melloras de accesibilidade nos albergues do Xacobeo. Conmemórase o 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial. Concertos e o programa "Cultura no Camiño", antesala do Xacobeo 2021.
Os directores de Turismo de Galicia e da prefectura de Wakayama lembran en Fitur os valores comúns que comparten ambas rutas para peregrinos de todo o mundo. Portos de Galicia fixa como obxectivo da náutica galega a fidelización de clientes europeos. Os Trens Turísticos de Galicia estrean dous itinerarios máis no ano 2018.
O titular do Goberno galego preside o acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2018 e insiste en que a Comunidade seguirá apostando por un turismo respectuoso e de calidade, que permita preservar o patrimonio e ofrecer a mellor atención ao visitante. Resalta a posta en marcha este ano de O son do Camiño, un amplo programa de concertos que servirá como prólogo musical para o grande evento do turismo en Galicia.
O titular do Goberno galego mantivo unha xuntanza coa ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Dolors Montserrat, e afirma que este incremento de prazas en Galicia para o programa de termalismo do IMSERSO pon en valor a aposta de Galicia por este sector.
A directora de Turismo, Nava Castro, avanzou a programación de Galicia na feira internacional que se celebra en Madrid. De interior e costeiros, destacan Galicia Surfing, Club da auga, Escenarios ao volante e Experiencias nos seis parques naturais, e tamén teñen lugar destacado as candidaturas das Cíes e da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco.