Notas de prensa

A Biblioteca Nodal de Lugo acolle a exposición Imaxe e palabras, promovida por Aspnais no seu 50 aniversario

A mostra, que permanece na Biblioteca durante todo o mes de febreiro, recolle instantáneas e textos de 16 fotógrafos e 31 escritores que ofrecen a súa visión sobre o labor de Aspnais. Na inauguración, o escritor Otero Canto leu un poema en representación dos autores.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na inauguración da exposición Imaxe e palabras na Bibioteca Nodal de Lugo, centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Tamén participou, entre outros, o presidente de Aspnais, José Reigosa.

Balseiro subliñou “o papel insubstituíble que realizan as entidades de iniciativa social na atención ás persoas do seu entorno”, e no caso concreto de Aspnais, destacou que se ten convertido “nunha das entidades máis queridas de Lugo e máis implicadas no seu tecido social”.

A mostra, que permanecerá na Biblioteca durante todo o mes, recolle instantáneas e textos de 16 fotógrafos e 31 escritores que ofrecen a súa visión sobre o labor de Aspnais. Na inauguración, o escritor Otero Canto leu un poema en representación dos autores.

Nota de prensa remitida por Aspnais (Xulio Xiz)

A exposición é froito das aportacións de 16 fotógrafos e 31 escritores, no decurso das visitas efectuadas aos talleres da Asociación provincial de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual.

Estas fotografías, cos textos que as acompañan, formaron parte da exposición ASPNAIS, 50 ANOS, que se abreu ao público na sala de arte da Deputación Provincial de Lugo.

Na exposición figuran dúas obras de cada un dos seguintes fotógrafos lucenses:

ALBERTO LÓPEZ, FERNANDO GAGO, GERARDO LOZANO, GERMÃN LIMERES, INMA PURRIÑOS, JULIO LEIRA SANMARTÃN, MARIA VICTORIA FERNÃNDEZ, EDUARDO RODRÃGUEZ OCHOA, OSCAR CELA, PETER SCHNEIDER, XOSÉ MANUEL OTERO CASTRO, YOLANDA PURRIÑOS, ALVEZ, JOSÉ REIGOSA, J. VAZQUEZ e SEBAS SENANDE.

Cada obra vai acompañada dun texto literario aportado polos autores lucenses:

HELENA VILLAR JANEIRO, XOSE LOIS GARCÃA, CARLOS LÓPEZ FERNÃNDEZ, XOSÉ OTERO CANTO, FELIPE ARIAS VILAS, XOÃN XOSÉ FERNÃNDEZ ABELLA, ANTONIO REIGOSA, XOSÉ MARÃA GÓMEZ VILABELLA, FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÃN, GERMÃN GARCÃA MERA, JOSÉ LUIS DURÃN MARIÑO, XOÃN NEIRA, MARTIÑO MASEDA, MARICA CAMPO, CARMEN BLANCO, LUIS LATORRE, XULIO VACÃRCEL, ELOI CALDEIRO, MARà XOSÉ LAMAS, FRANCISCO PIÑEIRO GONZÃLEZ, IAGO SANTALLA, PACO MARTÃN, MANUEL XOSÉ NEIRA, ALFONSO BLANCO TORRADO, ANA ISABEL RODRÃGUEZ, BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO-MERO, TOÑO NUÑEZ, MANUEL REGAL LEDO, HENRIQUE ALVARELLOS, BENJAMÃN SANTÃN CARBALLADA e ADOLFO DE ABEL VILELA.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia + Aspnais, 2018-02-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES