Notas de prensa

Constituída DIME-Lab, a primeira spin-off de Ciencias da Educación na USC

O grupo de investigación Stellae lidera unha nova empresa de desenvolvemento e análise de medio educativos a través da constitución da spin-off DIMElab. Parte da experiencia do grupo ao longo de máis de 20 anos de experiencia en formación e desenvolvemento profesional, organización educativa, inclusión socioeducativa, materiais didácticos e tecnoloxía educativa.

DIMElab ofrecerá servizos de asesoramento pedagóxico a institucións educativas e empresas de tecnoloxía, e desenvolve todo tipo de recursos didácticos entre os que se inclúen os denominados serious games (xogos serios para educación e formación). Tamén destaca a realización de probas ou análises de produtos didácticos para tentar garantir que os materiais deseñados para a educación sigan certos estándares de calidade pedagóxica.

O obxecto desta nova spin-off xorde tras o traballo de Stellae coa Ãrea de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) que axudou a transferir os resultados de investigación do grupo ao mercado e ante as necesidades sociais detectadas na actualidade. Neste senso, o grupo considera que o sector educativo e profesional está inmerso nun proceso de transformación onde é necesario o desenvolvemento de novos medios educativos, ademais da necesaria formación en competencias dixitais da sociedade en xeral ou a necesaria actualización do profesorado en metodoloxías activas superando ou complementando ás tradicionais e a crecente demanda de serious games para centros educativos, institucións e empresas.

A empresa, con sede no edificio Emprendia en Campus Vida, constitúena na actualidade preto de dez persoas, entre socios/as, xerencia e persoal con demostrada experiencia profesional no sector da educación e da tecnoloxía.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2018-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES