//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén de publicar un novo volume dos seus Cadernos de Fraseoloxía Galega. Trátase do duodécimo número desta revista de investigación fraseolóxica que dirixe Xesús Ferro Ruibal, académico da lingua galega que tamén dirixe e presenta o programa televisivo Ben falado!
A Asociación de Escritores en Lingua Galega destaca con esta mención a altísima poesía e o insubornábel compromiso ético do autor, para quen o individuo, e por tanto o poeta, se realiza na poesía como forma de coñecemento.
El Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través del Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC, XuGa) ha elaborado, en el marco del proyecto Mujeres con poder al final de la Edad Media: colección de documentos (financiado por la Xunta de Galicia), las semblanzas biográficas de más de 300 mujeres gallegas de los principales linajes de la época.
Co fin de fomentar a competencia en galego da sociedade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu en 2010 un total de 301 cursos preparatorios para obter a certificación oficial de coñecemento de galego (Celga).
Paisaje urbano, de Luis Valentín Fernández Vila, gaña o primeiro Premio do Certame de Arte José Domínguez Guizán que se entrega o 29 de xaneiro durante a clausura do Belén de Begonte.
A actriz Ana Bustorff retrata nun monólogo sen texto, sen pronunciar unha soa palabra, as rutinas dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas na obra dirixida por Rui Madeira, À la carte, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 15 e 15 de xaneiro.
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, reuniuse coa nova directiva da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) para a promoción e o apoio á creación de literatura infantil e xuvenil en 2011.
A mostra do artista Antonio Pérez, de Ribeira, ofrece a persoal visión do autor que coñece o mar dende todos os ámbitos. Azuis e terras, en toda a súa ampla gama cromática, son a base da paleta do pintor galego. A calidez das figuras contrasta coa dureza do oficio ao que se entregan. As texturas son máis ou menos densas en función da temática.
A Fundación Curros Enríquez quere facer pública a súa felicitación ao escritor Xosé Neira Vilas pola celebración dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego.
Antonio Veiga e Fernando Súarez Barcia asinaron un convenio polo que a Área de Cultura da Deputación destina 5.000 euros para desenvolver o proxecto Un paseo pola memoria fotográfica de Ribadeo.