Notas de prensa

Luis Valentín Fernández, gañador do XXI Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán

Paisaje urbano, de Luis Valentín Fernández Vila, gaña o primeiro Premio do Certame de Arte José Domínguez Guizán que se entrega o 29 de xaneiro durante a clausura do Belén de Begonte.

O 12 de xaneiro de 2011, na sala de arte da Xunta de Galicia en Lugo, reúnese o Xurado que ha fallar o XXI CERTAME GALEGO DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, formado por: AURELIA BALSEIRO (Directora do Museo Provincial de Lugo), MANUEL GULÍN (Pintor), GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA (Pintor), e XULIO GIZ RAMIL, no nome do Centro convocante, que actúa como secretario sen voz nin voto.

Por unanimidade, acordan emitir o seguinte fallo:

Premio “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, á obra “Paisaje urbano”, de LUIS VALENTÍN FERNÁNDEZ VILA, da Poboa de San Xiao.
Diante da calidade e cantidade (42 obras) das obras pictóricas presentadas ó certame, o Xurado expresa a súa satisfacción polo excelente nivel acadado e acorda conceder as MENCIÓNS DE HONRA, dotadas con estatuíñas de Sargadelos ás obras:

- “Promesa epicromática insostible”, de EDUARDO BAAMONDE.
- “Enseada da Gándara” de FRANCISCO MACEIRA RODRÍGUEZ, de Ferrol.
- El tiempo se detiene, tempus fugit”, de NOA PERSÁN, de Lugo.
- “Pinceles y pinturas sobre fondo azul verdoso”, de SABELA ARIAS, de Lugo. E
- “Días de agua”, de YAGO EIREOS, de Lugo.

Os premios han ser entregados en Begonte o 29 de xaneiro de 2011, no decurso dos actos de clausura da tempada do Nadal e do Belén Electrónico.

Centro Cultural José Domínguez Guizán, 2011-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES