
Neira Vilas é patrón de honra da Fundación Curros Enríquez desde 1989 cando foi galardoado co Premio Celanova, Casa dos Poetas, dándose a circunstancia, ademais, de que as orixes familiares da que fora súa dona, Anisia Miranda, están moi ligadas ás Terras de Celanova, non en van os seus pais eran orixinarios das parroquias de Portela (Verea) e Ansemil (Celanova), polo tanto o propio Neira Vilas como especialmente Anisia, sempre se sentiron emocionalmente vencellados a Celanova.
O texto que, en resumo, recolleu a acta de concesión do premio naquel intres, foi o seguinte:
O Patronato Curros Enríquez decidiu concederlle o V Premio Celanova, Casa dos Poetas, por unanimidade, ó mestre da literatura galega Xosé Neira Vilas. É moito o que se lle debe ó escritor galego residente en Cuba. Se por un lado marca un cume da nosa literatura con Memorias dun neno labrego, por outro convérsese nun dos meirandes valedores que temos recollendo a nosa memoria histórica, facendo traducións e promovendo que se ensine o idioma e a literatura galega en distintos países e universidades do mundo.
Neira Vilas, ademais, é un incomparable intérprete da Galicia exterior. Sen Historias de emigrantes, Cariño bretemoso, Remuíño de sombras e Galegos no Golfo de México a nosa literatura sufriría un eclipse de proxección de cara o futuro.
Destacamos tamén a implicación de Xosé Neiras na propia creación da Fundación Curros Enríquez e na apertura da Casa dos Poetas xa que o seu interese por Curros foi o que fixo realidade a dotación inicial de primeiras edicións do poeta celanovés.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.