Archivo (12 del 2025)

Buscador

Noticias

Galicia pecha o 2025 sendo, por terceiro ano consecutivo, a comunidade coa ratio de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil máis alta do conxunto do país, segundo os datos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Isto tradúcese en que o 64,3% dos nenos e nenas de entre 0 e 3 anos galegos acoden a unha escola infantil, unha cifra que se sitúa 15 puntos por enriba da media nacional (que é do 49,2%). Neste sentido, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembra que estes datos tan positivos son un exemplo do bo funcionamento das políticas de conciliación impulsadas pola Xunta.
O Instituto Galego de Estatística (IGE) confirma a alta inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario Galego, tal e como se reflicte nun estudo onde se analiza a situación dos egresados no curso 2021-2022 no seu primeiro ano tras obter a titulación e a súa evolución nos tres anos inmediatamente posteriores, tendo en conta, principalmente, as afiliacións á Seguridade Social. A radiografía do IGE súmase ao mapa de inserción laboral que elabora periodicamente a Axencia para a Calidade do SUG (ACSUG), aínda que neste caso examínase a situación dos titulados seis anos despois de titular e faise a través de entrevistas persoais.
A obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, do médico Roberto Fernández Álvarez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega. Roberto Fernández Álvarez (Ourense, 1967) é un médico e escritor galego. Como autor literario foi distinguido no ano 2022 co Premio Blanco Amor pola súa novela A inmoral doutora Cons. Como ensaísta, recibiu o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2017 pola súa monografía Enfermos pobres, médicos tristes.
A Consellería de Sanidade publica, na súa páxina web, o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana do 15 ao 21 de decembro, que sinala que a actividade gripal en Galicia continúa con intensidade media e con tendencia decrecente. Segundo os datos recollidos polo servizo de vixilancia epidemiolóxica da Dirección Xeral de Saúde Pública, xa se acadou o pico da onda epidémica da gripe. Respecto da semana anterior, rexístrase un descenso na taxa de consultas por gripe en atención primaria dun 5 %.
Cerca do 90% das empresas galegas con máis de 10 persoas empregadas utiliza aplicacións de software libre e a porcentaxe é de máis do 67% no caso das microempresas. Os datos forman parte do estudo O Software Libre nas Empresas de Galicia elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os datos proceden da Enquisa sobre o uso de TIC e comercio electrónico nas empresas, que realiza o INE anualmente, que cede os datos a OSIMGA en virtude do convenio de colaboración. Entre os programas máis utilizados destacan os navegadores de Internet (95,5%), as aplicacións ofimáticas (75,3%) e os sistemas operativos libres (51,5%).
A falta de coñecer os datos do mes de decembro e xa superadas as 500.000 compostelas entregadas, os albergues da Xunta da Rede Pública do Xacobeo suman un total de 261.073 noites que se distribúen nos once primeiros meses de 2025, 8.244 noites máis que no mesmo período de 2024, o que se traduce nun incremento do 3,2%. Por meses, agosto foi o de maior afluencia con 38.799 noites rexistradas, seguido de xullo, con 35.190; setembro, con 32.662; maio, con 32.594 e xuño con 31.907 noites. Deste xeito, no período maio-setembro superase a media de 30.000 noites en cada un deste meses.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer públicos este martes os datos relativos á enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega que indican que nos once primeiros meses do ano, o sector obtivo uns ingresos totais nominais de 431 millóns de euros, acadando un incremento do 4,9% con respecto ao mesmo período de 2024. Só no mes de novembro o sector hoteleiro ingresou 23 millóns de euros, unha cifra que a grandes trazos se mantén estable en relación ao dato de 2024, medrando o 0,4%, e acadando unhas contas que superan tamén toda a serie anterior a 2024 e situándose como a cifra máis alta da serie histórica en canto a ingresos hoteleiros.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou hoxe iniciar os trámites para a posta en marcha da primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028 coa que se prevén mobilizar máis de 400 millóns de euros. O obxectivo é dotar de maior competitividade ao tecido produtivo e situar a innovación no centro do desenvolvemento económico da comunidade. Esta medida enmárcase na aposta da Xunta por fomentar a innovación entre as empresas galegas. 'Se queremos un tecido produtivo moderno e competitivo, a innovación ten que formar parte indisoluble do seu día a día', resaltou.
O informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana do 8 ao 14 de decembro sinala que a actividade gripal en Galicia continúa con intensidade media e con tendencia decrecente. Respecto da semana anterior, rexístrase un descenso na taxa de consultas por gripe en atención primaria dun 10,6 %. Así, esta taxa sitúase en 109,2 consultas por cada 100.000 habitantes. O grupo coa maior taxa de consultas continúa a ser o de 0 a 4 anos (247,6 consultas por 100.000hab), seguido do de 5 a 19 anos, con 176,9 consultas por 100.000 habitantes. No que atinxe ás áreas sanitarias, a taxa de consultas foi inferior á da semana anterior en todas elas, agás en Vigo, onde aumentou un 2,7 %. As áreas con maior descenso na taxa de consultas por gripe foron a da Coruña cun 29,4 % e a de Ferrol cun 27,4 %.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (17)

2025 (461)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES