
En concreto, lembrou que este é o cuarto curso no que a educación infantil é totalmente gratuíta en todas as escolas desta etapa en Galicia, tanto as públicas como as privadas ou de iniciativa social.
A gratuidade das escolas 0-3 é unha medidas pioneiras impulsadas pola Xunta para apoiar a conciliación e, por iso, o vindeiro ano reforzarase cun investimento de 68 millóns de euros de fondos propios; xa que pese as reiteradas promesas do Goberno central segue sen achegar financiamento para axudar ás familias. Por iso, o obxectivo do Executivo autonómico é seguir consolidando estas cifras que demostran que Galicia é un referente na escolarización infantil.
Grazas a esta medida pioneira posta en marcha pola Xunta xa son arredor de 32.000 familias as que poden desfrutar do servizo de educación infantil máis completo con atención gratuíta 8 horas diarias durante 11 meses, cun aforro medio por fillo que ascende aos 3.000 euros anuais.
Outros recursos de conciliación
Ademais, Galicia impulsou recursos específicos para apoiar ás familias do rural como as casas niño, que atenden ata cinco nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de xeito gratuíto nos municipios máis despoboados e xa están presentes en máis de 100 localidades.
Outro das medidas creadas pola Xunta para facilitar a conciliación familiar, especialmente nos períodos non lectivos é o Bono Concilia Familia, e que neste 2025 chegou a preto de 14.000 unidades. Grazas a esta achega económica directa poden sufragar os custos de diferentes servizos de atención e coidado como os campamentos, as ludotecas ou persoal especializado á domicilio. En concreto, o goberno galego inviste 2,5 millóns de euros para financiar esta prestación.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.