Noticias

Os establecementos hoteleiros galegos ingresaron 431 millóns de euros entre xaneiro e novembro de 2025

O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de facer públicos este martes os datos relativos á enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega que indican que nos once primeiros meses do ano, o sector obtivo uns ingresos totais nominais de 431 millóns de euros, acadando un incremento do 4,9% con respecto ao mesmo período de 2024. Só no mes de novembro o sector hoteleiro ingresou 23 millóns de euros, unha cifra que a grandes trazos se mantén estable en relación ao dato de 2024, medrando o 0,4%, e acadando unhas contas que superan tamén toda a serie anterior a 2024 e situándose como a cifra máis alta da serie histórica en canto a ingresos hoteleiros.

O INE informa tamén que no mes de novembro se aloxaron nos hoteis e pensións galegas 286.834 persoas que fixeron 539.347 noites. O nivel de noites deste ano mantense por riba de toda a serie anterior a 2024, superando por segundo ano consecutivo as 530.000 noites.

Neste sentido, cos datos actuais e a falta de contar cos datos de turismo rural, albergues e cámpings de novembro que se farán públicos proximamente, no acumulado entre xaneiro e novembro, Galicia rexistra 6,9 millóns de viaxeiros aloxados (+2,4%) que fixeron 12,9 millóns de noites (+1,8%).

As cifras do sector hoteleiro para o mes de novembro revelan que 80% das noites hoteleiras corresponden ao turismo de ámbito nacional, segmento no que ten un maior peso o receptor -españois que proceden doutras comunidades autónomas pois representan o 48% do total-. O mercado interno, dos residentes en Galicia, absorbe o 32%. O mercado internacional supón o 20% das noites nos establecementos galegos.

Co 43% das noites hoteleiras A Coruña lidera en novembro, por terceiro mes consecutivo, o mercado turístico hoteleiro, seguida de Pontevedra, co 34%, por diante de Lugo e Ourense, co 13% e 10% do total, respectivamente.

R., 2025-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES