
Precisamente, o número de noites alcanzado particularmente nos meses de maio e setembro confirman o avance nos esforzos de desestacionalización da Xunta de Galicia, algo no que abundan tamén os bos datos que firman os meses de abril, con 28.515 noites -malia que aquí habería que incluír o efecto da Semana Santa- e outubro, no que se fixeron 27.492 noites en albergues públicos da Xunta.
Por rutas, o Camiño Francés confírmase como a ruta máis demandada, con 107.274 noites rexistradas entre os meses de xaneiro e novembro, 288 noites máis que no período de 2024. Seguen os albergues do Camiño Portugués, nos que se fixeron 57.281 noites, experimentando o maior crecemento en termos absolutos con respecto ao mesmo período do ano anterior con 4.129 noites máis; os do Inglés, con 20.270 noites, o segundo de maior incremento con 3.163 noites máis; o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, con 18.588; e o Camiño Primitivo, no que se fixeron 17.847 noites.
O mes de maior afluencia no Camiño Francés foi xullo; no Portugués, Inglés e Primitivo foi agosto, mentres que na Vía da Prata correspondeuse con maio.
Por provincias, A Coruña é a que rexistra o maior número de noites, no que incide o feito de que é a provincia na que conflúen as rutas xacobeas, coa meta en Santiago de Compostela. Rexistráronse un total 100.904 noites en albergues situados na provincia da Coruña. En Lugo contabilizáronse 87.084 noites, mentres que en Pontevedra foron 59.348 e en Ourense 13.727.
Sensores no Camiño
Ademais das compostelas entregadas que dan conta do interese que esperta o Camiño de Santiago, Turismo de Galicia está a monitorizar a ruta xacobea con ferramentas para coñecer mellor os fluxos turísticos a través de big data de maneira que contribúan á toma de decisións no Camiño.
Así, con datos actualizados a outubro de 2025, e referidos aos Camiños Francés, o Camiño do Norte e o Camiño Primitivo as medicións permiten estimar que por cada Compostela emitida en promedio circulan por estas rutas do Camiño de Santiago 1,7 peregrinos.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.