Buscador
Noticias
Durante os seus nove días de celebración, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibirá outras recoñecidas figuras da creación e dirección escénica, como Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Alberto Conejero ou Esther Carrodeguas como parte dunha carteleira na que tamén figuran grande nomes do clown, como o arxentino Gabriel Chamé e a inglesa Peta Lily, así como as estreas en Galicia dos novos traballos de Alberto Velasco ou Los Galindos. Documentais, coloquios, cursos e presentacións complementan a intensa programación de espectáculos, para a que xa están á venda os bonos en ataquilla.com. Poderán adquirirse por esta vía ata o 24 de xuño, data a partir da que as entradas restantes estarán dispoñibles tanto na oficina da mostra como na súa web.
A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca. Poderán participar nesta edición todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña e coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases da campaña. Para participar deben rexistrar directamente a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador).
O Sergas está a planificar xa medidas para o reforzo de persoal sanitario no verán en función das necesidades das distintas localidades. Por unha banda, ofrecerá aos MIR de último ano a posibilidade de apoiar, tanto as urxencias como a atención primaria, de forma voluntaria, con incentivos económicos e baixo supervisión. Tamén se contará cun grupo de médicos que se poidan desprazas ás zonas con posibles ausencias ou tensións puntuais, igualmente de forma voluntaria e incentivada economicamente. Ademais, estase a analizar a posibilidade de que médicos que teñan unha segunda residencia en zona de costa, con maior demanda asistencial no verán, poidan elixir traballar alí temporalmente.
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, mantivo en Bruxelas varias reunións de traballo con representantes de distintas institucións europeas para coñecer as oportunidades que ofrecen as novas iniciativas e fondos europeos ao ecosistema galego de I+D+i e posicionar a Galicia como un referente en distintos ámbitos como a biotecnoloxía, deep tech ou os programas de captación e retención de talento como Oportunius.
A xornada Somos Cibernéticas celebra o vindeiro día 11 a súa terceira edición co obxectivo de fomentar o talento feminino no eido da ciberseguridade. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica organiza este encontro, no que participarán arredor de medio cento de rapazas de 4º da ESO que terán que afrontar catro desafíos en materia de ciberseguridade, propostos por catro especialistas neste ámbito e vinculados a mulleres relacionadas co mesmo. A xornada comezará con reto Alerta WiFi: redes ao descuberto, no que as participantes terán que crear unha rede WiFi maliciosa para comprobar como os ciberdelicuentes conseguen as credenciais do usuarios.
A Cidade da Cultura celebrará o Día da Música con Budiño, un dos músicos galegos máis internacionais, que presentará o seu último disco nun concerto gratuíto o venres 21 de xuño. O gaiteiro virá acompañado dun elenco de novas voces e talentos do neo-tradicional galego, cos que comparte o seu amor pola música de raíz e a vontade de experimentar coa electrónica. A guitarra, o acordeón, a percusión tradicional, os arranxos electrónicos e as voces de Tania Caamaño, Mónica de Nut, Fran Barcia e Andrés Boutureira virán a sumarse a Budiño nun espectáculo alegre e potente.
Galicia acadou, con 122.036 persoas en situación de desemprego no mes de maio, a cifra máis baixa de paro de toda a serie histórica desde hai que rexistros (1996), é dicir, é a primeira vez en 28 anos que o paro cae por debaixo das 123.000 persoas na comunidade autónoma. Galicia, ademais, lidera a caída do paro en termos relativos con respecto a hai un ano (terceiro lugar en termos absolutos) e en comparación co mes anterior ocupa a terceira posición na baixada do desemprego, tamén en termos relativos. Caeu o paro na evolución anual (-9,22%) e mensual (3,40%) e nas dúas comparativas descendeu nas sete grandes cidades, nas catro provincias galegas e en todos os sectores de actividade, liderando a caída o primario con respecto a hai un ano e a abril de 2024.
Na edición deste ano está prevista a participación de 53 profesionais da Artesanía de Galicia, 36 como expositores e outros 14 artesáns que participarán como docentes nos cursos de formación especializada e talleres abertos. En canto aos expositores de produtos gourmet, este ano estará presente a oferta de 32 empresas, 19 das cales contan co selo de Artesanía Alimentaria. Así, durante tres días en horario de 11,00 a 14,00 h. e de 16,00 a 21,30h h., o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único no que se contará con demostracións de artesanía en vivo, o programa Artesanía no Prato que xunta gastronomía e artesanía, cursos especializados para artesáns e obradoiros abertos para todos os públicos, animado con música en directo e actividades para nenos.
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) celebrou en Santiago de Compostela a 36ª edición da súa Asemblea Xeral Ordinaria. No evento, que transcorreu con total normalidade, aprobáronse as Contas Anuais e o Informe de Xestión do exercicio 2023. Ademais, presentouse a Memoria Anual de Actividades de 2023 e informouse sobre o Plan Anual de Actividades previsto para 2024. Segundo o rexistro oficial, en Galicia existen 180 cooperativas agroalimentarias, que en 2022 contaban con aproximadamente 34.000 socios.
Galicia contará o próximo curso cunha oferta de 46.714 prazas de novo ingreso, o que representa 4.540 prazas máis que o curso que agora remata (preto dun 11 % máis) e unha cifra récord no conxunto das 214 ofertas diferentes entre os 153 ciclos de grao básico, medio e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos. A FP galega medra no conxunto da Comunidade e en cada un dos territorios e na case totalidade dos sectores e familias grazas á potenciación da modalidade de FP Dual Intensiva, aos másteres de FP e aos itinerarios de alta especialización.