Buscador
Noticias
Como todos os anos, coa chegada do verán, a Xunta, a través de Augas de Galicia, pon en marcha unha campaña destinada a lembrarlle a todos os galegos e galegas a importancia de minimizar o consumo de auga, para conseguir así ademais un aforro económico para as familias, mentres evitamos o desperdicio dun ben tan prezado. O proxecto Cada litro conta chama a toda a poboación a facer pequenos cambios nos sus hábitos, encamiñados a conseguir un consumo máis responsable deste recurso. Deste xeito, loitaremos tamén por asegurar a dispoñibilidade de auga no futuro, e con iso preservar hábitats e ecosistemas fluviais.
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo hoxe un encontro cos presidentes da federación galega e das tres provinciais de confrarías de pescadores (A Coruña, Lugo e Pontevedra) para analizar a situación do sector e os retos máis inmediatos que afronta. Neste primeiro contacto conxunto tralo seu nomeamento, o titular de Mar trasladou aos representantes das confrarías que a nova Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia -que se debate mañá no Parlamento- vai outorgar ás empresas do complexo mar-industria a seguridade xurídica que precisan, e o Goberno central lles nega, para seguir instaladas preto da costa.
A programación cultural impulsada pola Xunta en colaboración con distintas empresas e administracións locais baixo o lema A cultura de Galicia é un CulturON porá o foco este verán no 'talento, profesionalidade e excelencia do sector' con máis de 2.500 propostas 'diversificadas e repartidas por todo territorio para ampliar públicos e garantir o acceso a todas as persoas'. Así o manifestou hoxe o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nun acto acompañado polo seu equipo no que se presentou a oferta cultural para os vindeiros meses que, como indicou, 'reflicte o gran momento de crecemento e de pluralidade creativa que vive a cultura galega' e que deixará pegada nos territorios nos que se ofrecerá xa que se prevé que mobilice 4M.