Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou esta mañá a evolución do paro rexistrado no mes de agosto –que sobe lixeiramente como ocorre coa media estatal–, así como os datos de afiliacións á Seguridade Social que volven medrar por cuarto mes consecutivo (entre maio e agosto) e permiten recuperar o emprego perdido nos meses de marzo e abril. Así, se temos en conta as afiliacións medias, Galicia suma en agosto 7126 cotizantes máis (+0,71%) ata chegar a 1.012.794 afiliados, o que se traduce en 230 afiliacións ao día.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.847 deles 1.387 son da área da Coruña, 786 da de Lugo, 362 da de Ourense, 250 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 644 da de Santiago, e 149 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 156 en unidades de hospitalización e 3.677 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.879 persoas curadas, rexistrándose 648 falecementos. As últimas persoas falecidas foron un home de 82 anos, que estaba ingresado no CHUAC; dúas mulleres de 94 e 86 anos que estaban ingresadas no HULA, e un varón de 84 anos, tamén ingresado no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.
« Anterior | 6  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (269)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES