Buscador
Noticias
A conselleira de Política Social, Fabiola García, denunciou hoxe no Parlamento autonómico que o Goberno central volve discriminar a Galicia na asignación dos fondos sociais do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Fabiola García lembrou que o ano pasado, o Executivo estatal recoñeceu que Andalucía, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, a Comunidade Valenciana, Estremadura e Galicia estaban a recibir menos cartos dos que lles correspondía da asignación destes fondos. Na proposta de reparto presentada para este ano, Galicia é a única das nove comunidades que actualiza os seus fondos un 0,9%, o correspondente á inflación, fronte ao 15,2% de media que recibirán o resto.
Tras as xestións realizadas polo Goberno galego, os establecementos comerciais poden realizar rebaixas e promocións se garanten que non se producen aglomeracións e que se cumpre coas perceptivas medidas de seguridade. Esta aclaración do Goberno prodúcese despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladara o pasado domingo, na videoconferencia co presidente do Goberno e outros presidentes autonómicos, as diferentes inquedanzas do comercio galego en relación á Orde SND/399/2020, publicada o sábado 9 de maio no Boletín Oficial do Estado, e que regula a actividade do sector nesta fase 1.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.322, deles 530 son da área da Coruña, 133 da de Lugo, 362 da de Ourense, 123 da de Pontevedra, 626 da área de Vigo, 461 da de Santiago, e 87 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 permanecen en UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 2.131 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.820 persoas curadas, rexistrándose 595 falecementos. O número de PCR realizadas é de 117.001.
As Bibliotecas Públicas de Galicia xestionadas pola Xunta súmanse aos actos para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio. A situación actual xerada polo coronavirus motivou que as ferramentas e materiais deseñados pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coas numerosas empresas, entidades e institucións que participan na Programación Conmemorativa das Letras Galegas 2020, fosen reformuladas para que se poidan acceder a elas de xeito virtual ao abeiro da campaña #aculturasegue. Neste contexto, as bibliotecas ofrecerán durante esta semana diversas actividades a través das súas redes sociais e páxinas web.
A Consellería de Sanidade ven de pór en marcha esta mañá a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará e monitorizará os contactos das persoas infectadas por Covid-19. Dotado cun equipo inicial de 20 operadores, o departamento sanitario da Xunta estima que superará os 50 profesionais nas vindeiras dúas semanas. O sistema tecnolóxico de rastrexo empregado en Galicia para identificar posibles novos casos de infeccións por coronavirus, contará cun protocolo único, e encargarase de identificar e contactar con cada unha das persoas que tiveran contacto cun caso positivo por Covid-19. Tras unha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique ao paciente como caso sospeitoso de padecer COVID-19, se lle solicitará a proba PCR.
Galicia intensifica os seus recursos online para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a RAG lle dedica o 17 de maio, que xa é o homenaxeado máis dixital de todos os que integran a nómina do Día das Letras Galegas. O impacto derivado da Covid-19 propicia que as ferramentas e materiais conmemorativos deseñados pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, en colaboración coas numerosas empresas, entidades e institucións que participan na Programación Conmemorativa das Letras Galegas 2020, moitas delas reformuladas e ao abeiro da campaña #aculturasegue, gañen espazo en Internet. O Portal da Lingua Galega ofrece en aberto e de balde numerosos materiais aos que irá sumando outros durante os vindeiros días.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.631, deles 606 son da área da Coruña, 161 da de Lugo, 405 da de Ourense, 138 da de Pontevedra, 697 da área de Vigo, 517 da de Santiago, e 107 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 permanecen en UCI, 191 están en unidades de hospitalización e 2.414 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.445 persoas curadas, rexistrándose 593 falecementos. O número de PCR realizadas é de 116.144.
Estamos desenvolvendo un proxecto pioneiro en España que marcará un punto de inflexión na capacidade diagnóstica da sanidade pública galega fronte ao Covid-19, que nos permitirá garantir áreas libres de virus circulante, e nos dotará, por tanto, dunha nova arma para seguir avanzando na loita contra este virus . Con estas palabras resumiu o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, a iniciativa que se está levando a cabo no Complexo Hospitalario vigués, nun encontro cos medios por videoconferencia. O xerente -que estivo acompañado polo xefe do servizo de Microbioloxía, Benito Regueiro-, informou dos detalles do sistema para o procesamento agrupado de mostras PCR na detección de coronavirusSARS-CoV2.
A Consellería de Sanidade está a traballar na segunda onda que completará o estudo autonómico de seroprevalencia da Covid-19, coa que definirá con maior nitidez o mapa epidemiolóxico de Galicia. O Instituto Galego de Estatística comezará a analizar a vindeira semana os resultados das 50.925 probas realizadas na primeira fase. Unhas probas, para as que se precisou contactar con 61.836 persoas, e así rematar coa primeira onda. Respecto do estudo que o Ministerio de Sanidade está a desenvolver a nivel nacional, en Galicia participaron un total de 6.790 persoas, até o de agora. Despois de dar por finalizada a primeira fase do estudo epidemiolóxico iniciado o pasado 23 de abril, Sanidade xa prepara outras 50.925 probas de seroprevalencia, e así poder analizar como foi a circulación do virus Sars-Cov-2 na comunidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.703, deles 635 son da área da Coruña, 161 da de Lugo, 407 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 725 da área de Vigo, 525 da de Santiago, e 108 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 permanecen en UCI, 180 están en unidades de hospitalización e 2.498 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.347 persoas curadas, rexistrándose 592 falecementos. O número de PCR realizadas é de 114.836.