Noticias

Activada a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que se rastrexará os contactos das persoas infectadas por covid-19

A Consellería de Sanidade ven de pór en marcha esta mañá a plataforma tecnolóxica de seguimento coa que rastrexará e monitorizará os contactos das persoas infectadas por Covid-19. Dotado cun equipo inicial de 20 operadores, o departamento sanitario da Xunta estima que superará os 50 profesionais nas vindeiras dúas semanas. O sistema tecnolóxico de rastrexo empregado en Galicia para identificar posibles novos casos de infeccións por coronavirus, contará cun protocolo único, e encargarase de identificar e contactar con cada unha das persoas que tiveran contacto cun caso positivo por Covid-19. Tras unha consulta médica, presencial ou telefónica, na que o facultativo diagnostique ao paciente como caso sospeitoso de padecer COVID-19, se lle solicitará a proba PCR.

Entón, esta plataforma tecnolóxica activará unha enquisa inicial a esta persoa que presente sintomatoloxía Covid-19 e, tras responder á mesma, solicitaránselle os datos daquelas persoas coas puido haber mantido contacto estreito, desde dous días antes do comezo dos síntomas até o momento do seu illamento

No caso de que o resultado da proba PCR sexa positiva, solicitáraselle aos contactos que garden corentena durante 14 días desde o último contacto con esta persoa. Así mesmo, comezaría un seguimento diario sobre a posible aparición de sintomatoloxía compatible coa COVID 19 e, de agromar estes síntomas, derivarase ao seu médico. Os devanditos contactos pasarían a ser casos sospeitosos iniciando de novo o ciclo con solicitude de proba PCR, illamento e investigación de novos contactos.

O sistema de rastrexo galego, será monitorizado diariamente por técnicos de Saúde Pública dos Servizos Centrais e das Xefaturas Territoriais, que avaliarán e controlán a calidade de todo o sistema, a validez da información e a resolución de incidencias. Do mesmo xeito, tamén colaborarán nas tarefas de seguimento Atención Primaria, principalmente nos casos confirmados, os servizos de Medicina Preventiva, naqueles casos nos que os pacientes estén ingresados, e os Servizos de Prevención de Riscos Laborais, no caso de producirse algún abrocho neste ámbito.

Desta forma, o Sergas levará a cabo unha vixilancia activa e diaria de tódolos contactos rexistrados podendo, grazas a identificación das súas necesidades específicas, achegárllela información máis axeitada para cada situación.

A plataforma tecnolóxica conta coa flexibilidade suficiente para adaptar a dotación de persoal dedicado especificamente a esta función, de acordo ás necesidades que vaian xurdindo determinadas, e así, verse incrementado proporcionalmente ao número de casos sospeitosos notificados desde o sistema asistencial ao longo do tempo en función da evolución da pandemia.

R., 2020-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES