Noticias

A Área sanitaria de Vigo pon en marcha un proxecto pioneiro en España para garantir áreas libres de virus circulante

“Estamos desenvolvendo un proxecto pioneiro en España que marcará un punto de inflexión na capacidade diagnóstica da sanidade pública galega fronte ao Covid-19, que nos permitirá garantir áreas libres de virus circulante, e nos dotará, por tanto, dunha nova arma para seguir avanzando na loita contra este virus ”. Con estas palabras resumiu o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, a iniciativa que se está levando a cabo no Complexo Hospitalario vigués, nun encontro cos medios por videoconferencia. O xerente -que estivo acompañado polo xefe do servizo de Microbioloxía, Benito Regueiro-, informou dos detalles do sistema para o procesamento agrupado de mostras PCR na detección de coronavirusSARS-CoV2.

Os laboratorios do servizo de Microbioloxía do Chuvi veñen de probar con éxito este sistema, e están a desenvolver un proxecto que permitirá ampliar de xeito moi significativo a súa capacidade actual. Este Plan conta coa participación da Escola de Enxeñaría de Universidade de Vigo.

Pooling

Trátase da posta en marcha, por primeira vez en España, dunha técnica coñecida como “pooling”, e que permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns, multiplicando a capacidade de avaliación actual.

“Consiste en agrupar as mostras de diferentes persoas e procesalas xuntas, como se fosen as de un solo individuo. Se o resultado do procesamento da mostra resultante é negativo, se infire que cada unha das mostras orixinais son tamén negativas, co que se habería aforrado o tempo e capacidade que conlevaría o estudo individual de cada unha das mostras orixinais. Polo tanto, este sistema resulta de grande utilidade e eficiencia nos entornos con maior probabilidade de que os resultados sexan negativos, como sucede na actual fase de desescalada”, explicou o doutor Regueiro.

Se, pola contra, o resultado global é positivo, tense que separar as mostras para volvelas a procesar, ou ben dividendo a mostra conxunta en fraccións máis pequenas ou analizando cada unha delas de xeito individual.

No servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo procésanse cada día unhas 1.400 probas, utilizando distintos equipos, con distintas capacidades e velocidades de resposta. Así, lévanse realizadas máis de 45.000 PCR, entre elas a maioría das tomadas nas residencias Socio-sanitarias da comunidade galega.

Segundo explicou Benito Regueiro “os sistemas de testado por grupos foron utilizados por primeira vez no exército americano para o diagnóstico da sífilis; e este agrupamento de mostras para RT-PCR xa ten demostrado a súa efectividade en estudos de cribado de VIH, Chlamydia, Malaria, Influenza etc. No momento actual tamén tense planteado a utilización de grandes pools de mostras para a detección de Covid 19 en Nebraska (USA) e Israel”.

Áreas estratéxicas libres de virus circulante

Pola súa banda, García Comesaña reiterou que o obxecto final da posta en marcha desta técnica de agrupamento é “ademais de permitirnos identificar o antes posible a aparición de brotes da enfermidade, garantir áreas estratéxicas libres de virus circulante e dispoñer de sensibilidade e capacidade analítica para unha detección precoz da infección emerxente nestas zoas”.

En canto aos obxectivos concretos deste proxecto, o xerente subliñou dous: identificar individuos infectados en poboacións sanas –permite a detección de portadores asintomáticos de forma rápida e económica- e clasificar ás poboacións segundo a súa prevalencia -de baixa (1%) ou elevada prevalencia (5%)-. Polo tanto, esta clasificación facilitará obter uns datos reais fundamentais para adoptar as medidas adecuadas de Saúde pública nos clústeres con elevado índice de contaxios .

Resultará de gran eficacia para testar a grupos de persoas en grandes centros de traballo, como persoal sanitario, usuarios e traballadores das residencias sociosanitarias, así como colectivos das áreas industriais.

Estudo preliminar exitoso

O servizo de Microbioloxía xa ten realizado un estudo preliminar con mostras agrupadas. Desenvolveuse unha proba de concepto incorporando un robot que permite agrupar ata 128 mostras. Con este equipamento, sumado ao habitual do servizo, tense procesado mostras de máis de 8.000 persoas, agrupados con distintos niveles de prevalencia. Os resultados foron moi satisfactorios e, de feito, están sendo completados para ser publicados nunha revista científica nos próximos días.

“Animados por estes resultados –argumentou Benito Regueiro- decidimos dar un salto cuantitativo e cualitativo, e deseñamos o equipamento necesario para pasar a unha fase de produción, composto por un robot de grandes dimensións e capacidade de agrupamento, e sistemas en cadea de extracción. Esta nova estrutura é a que vainos permitir por en marcha, de xeito industrializado, a técnica de agrupamento o Pooling e multiplicar por 20 a nosa capacidade”.

Para a incorporación deste equipamento adicional cóntase coa colaboración da Fundación Amancio Ortega, que considerou que este proxecto contribúe á incorporación de tecnoloxía de vangarda ao sistema público de saúde e encaixa no seu programa de loita contra o Covid-19. A axuda concedida pola Fundación ascende a 175.000 € e permite cubrir o coste total desta iniciativa.

R., 2020-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES